San Xulián de Coirós é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Coirós. Segundo o IGE en 2013 tiña 512 habitantes (257 mulleres e 255 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 423 habitantes.

Historia Coa reforma parroquial da arquidiocese de Santiago de Compostela de 1867, foille anexada parte da antiga parroquia da Espenuca. Con todo, esta mudanza non se manifestou nos nomenclátores até o ano 1910.

Cultura Topónimo Coirós é un topónimo prerromano, que xorde antes do século III, e que se refire á pedra ou a un alto rochoso.

Patrimonio Igrexa de San Xulián de Coirós, de estilo románico de finais do século XII, a fachada principal foi reconstruída no século XVIII. No exterior destacan os contrafortes e as seteiras. Cruceiro de Coirós de Arriba. Capela da Espenuca Cruceiro da Espenuca.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Coirós

Parroquias de Coirós

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lugares de Coirós

Categoría:Parroquias de Coirós Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xulián Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía