A Liga Céltica é unha organización non gobernamental que promove o dereito de autodeterminación e a identidade e cultura celta en Irlanda, Escocia, Gales, a Bretaña, Cornualla e a Illa de Man, as coñecidas como nacións celtas. Tamén fai bastante fincapé na promoción das linguas célticas propias. Está recoñecida polas Nacións Unidas como unha organización non gobernamental con "status consultivo" e é parte do "Consello económico e social".
Cargos na Liga Céltica A nacionalidade está indicada por letras despois dos seus nomes: B – Bretón, C – Córnico, I – Irlandés, M – Manx, E – Escocés, G – Galés
Secretarios xerais da Liga Céltica Alan Heusaff: (1961–84), B→I Bernard Moffatt: (1984–88), M Davyth Fear: (1988–90), C Séamas Ó Coileáin: (1990–91), I Bernard Moffat: (1991–2006), M Rhisiart Tal-e-bot: (2006 – presente), G→C
Editores de Carn Frang MacThòmais: (1973–74), E Pádraig Ó Snodaigh: (1974–77), I Cathal Ó Luain: (1977–81), I Pedyr Pryor: (1981–84), C Pat Bridson: (1984–presente), M→I
Outros cargos A presidencia e vicepresidencia estiveron vixentes entre 1961 e 1971 e posteriormente foron abolidas. Foron responsabilidade de Gwynfor Evans (G) e de Dr Robert McIntyre (E) respectivamente durante toda a existencia destes postos.
Pádraig Ó Conchúir (I) foi gobernador entre 1972 e 1978.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Carn Congreso celta Linguas célticas Nacións celtas Celtismo
Bibliografía Ellis, Peter Berresford The Celtic Dawn. Tanner, Marcus Last of the Celts.
Ligazóns externas Web oficial da Liga
Categoría:Organizacións internacionais Categoría:Organizacións panceltistas Categoría:Política de Escocia Categoría:Política do Reino Unido Categoría:Política de Irlanda Categoría:Gales Categoría:Cornualla Categoría:Illa de Man Categoría:Nacionalismo celta