The Maltese Falcon é un filme de xénero negro estadounidense dirixido por John Huston en 1941. Baséase na novela homónima de Dashiell Hammett, protagonizada polo detective Sam Spade e supuxo o debut no cinema do seu director.
O filme supuxo a terceira adaptación cinematográfica da novela, trala versión de 1925, con Ricardo Cortez e Satan Met a Lady (1936), con Warren Williams e Bette Davis.
Sinopse En 1539 os Cabaleiros Templarios de Malta pagan ao emperador Carlos V un tributo cunha estatua que representa un falcón, pero a figura desaparece por culpa dos piratas.
1941. En San Francisco os detectives Sam Spade e Miles Archer atenden unha clienta, Ruth Wonderly, que di buscar á súa irmá, que ten unha relación cun home chamado Floyd Thursby. Wonderly está citada con Thursby e Archer decide seguilos. Esa noite Archer morre asasinado.
Ao día seguinte Spade atopa a Wonderly, que agora se fai chamar Brigid O'Shaughnessy e que lle di que probablemente Thursby matara a Archer.
No seu despacho Spade coñece a Joel Cairo, que lle ofrece 5 000 dólares por atopar unha antiga figura con forma de ave. Ese mesmo día descóbrese que O’Shaughnessy e Cairo están relacionados.
Personaxes Humphrey Bogart como Sam Spade Mary Astor como Brigid O'Shaughnessy Gladys George como Iva Archer Peter Lorre como Joel Cairo Barton MacLane como Tenente Dunby Lee Patrick como Effie Perine Sydney Greenstreet como Kasper Gutman Ward Bond como Detective Tom Polhaus Jerome Cowan como Miles Archer Elisha Cook, Jr. como Wilmer Cook James Burke como Luke Murray Alper como Frank Richman John Hamilton como Bryan Walter Huston como Capitán Jacobi (sen acreditar)
O MacGuffin A figura do falcón é considerada como un clásico Macguffin, un asunto que motiva as actuacións das personaxes, pero que na práctica ten pouca importancia no argumento.
Galardóns e nomeamentos O filme foi candidato ao Óscar en tres categorías: mellor película, mellor guión adaptado e mellor actor secundario (Sydney Greenstreet).
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en filmaffinity
Categoría:Filmes de 1941 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por John Huston Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes preservados no National Film Registry