miniatura|dereita|200px|Pan de broa galego miniatura|right|200px|Broa do Ceará (Brasil) A broa ou boroa é un tipo de pan tradicional feito con millo (pan de millo) típico de Galiza, Portugal e o Brasil (co mesmo nome nos tres países). Faise cunha mestura de fariñas de millo e trigo, ou millo e centeo (como a broa de Avintes), e fermento.

No Brasil adóitase adubar con fiúncho, e varía un chisco da receita do cornbread típico do sur dos Estados Unidos, xa que leveda con fermento natural e non químico.

Este pan ten un sabor e textura rústicos o que o fai axeitado para acompañar sopas, especialmente o caldo galego e portugués de verduras feito con verzas, repolo, pataca e chourizo.

Etimoloxía O substantivo broa deriva do vocábulo da lingua gótica brauþ, que significa "pan"Verbete "broa" no dicionario Priberam .. De aí bread no inglés actual.

Cultura popular Artigo principal: O pan na cultura popular galega Na novela Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas, o autor sinala as preocupacións de Balbino ao comer pan de millo (á súa nai "sentáballe mal a broa"), mentres os nenos de familias máis adiñeiradas podían mercar "pantrigo".

Notas

Véxase tamén Outros artigos Pan O pan na cultura popular galega

Bibliografía Neira Vilas, X. "Memorias dun neno labrego". Editorial Galaxia, 1961. ISBN 978-84-9865-343-4

Categoría:Gastronomía de Portugal Categoría:Pans de Galicia Categoría:Millo Categoría:Pans