miniatura|240px|Pavo muticus, macho. Pavo é un xénero de aves da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos fasianinos, que inclúe dúas especies,Pavo Linnaeus, 1758 no ITIS. denomonadas pavóns.pavón, 1ª acp., no Dicionario da RAG.

Taxonomía Descrición O xénero foi descrito por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae.

Etimoloxía Linneo tomou o nome do xénero, Pavo, do latín pāvo, -ōnis, 'pavón'.

Especies No xénero recoñécense dúas especies:Clements, J. F. 2007. The Clements Checklist of Birds of the World, 6th Edition. Cornell University Press. Downloadable from Cornell Lab of Ornithology.

Pavo cristatus Linnaeus, 1758 - o pavón común Pavo muticus Linnaeus, 1766 - o pavón verde

Notas taxonómicas Outra especie emparentada, o pavón do Congo (Afropavo congensis), propio da África central, foi clasificado nun xénero diferenciado, Afropavo, a principios do século XX, e carece da ampla cola característica que locen as especies asiáticas.

Os chamados pavos en galego pertencen, porén, ao xénero Meleagris (concretamente a Meleagris gallopavo).pavo no Dicionario da RAG.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía del Hoyo, J., Collar, N. J., Christie, D. A., Elliott, A. e Fishpool, L. D. C. (2014): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 1: Non-passerines. Barcelona, España e Cambridge, Reino Unido: Lynx Edicions BirdLife International. ISBN 978-84-9655-394-1.

Outros artigos Galiformes Fasiánidos Fasianinos

Ligazóns externas Pavo na ADW. Pavo na EOL. Vídeos de Pavo en Internet Bird Collection.

Categoría:Fasiánidos