Chámase diacrítico un signo gráfico aposto a un grafema dos silabarios hiragana ou katakana para transcribir un fonema modificado do que transcribe ese grafema. O xaponés utiliza dous diacríticos:

O primeiro (◌゙) é un signo composto de dous pequenos trazos, que permite transformar unha consoante xorda en consoante sonora en principio de sílaba – coa excepción do h que se cambia en b – e que ten moitas denominacións: dakuten (濁点, «punto sonoro»), por abreviación de nigoriten (濁り点), e máis familiarmente ten (点, «punto») ou ten-ten (点点 ou 点々, «punto punto»); O segundo (◌゚) é un pequeno anel, que permite transformar h en p, e que ten dous nomes: handakuten (半濁点, «punto semisonoro»), e máis familiarmente maru (丸, «anel»).

Modificacións dos hiragana Só se cita o ataque silábico.

K + ゛ = G S + ゛ = Z SH + ゛ = J T + ゛ = D CH + ゛ = J (DJ) TS + ゛ = Z (DZ) H + ゛ = B H + ゜ = P

Modificacións dos katakana As modificacións dos katakana son as mesmas cás dos hiragana. Transcríbese so a maiores o son [v] (nos préstamos) por:

U + ゛ = V

Véxase tamén

Outros artigos Diacrítico Escrita xaponesa

Categoría:Silabarios Categoría:Escrita xaponesa Categoría:Diacríticos