Coñécense coa expresión persoa supercentenarias os individuos da especie humana que superan os 110 anos de vida. En Galicia existen rexistros de case dúas ducias de persoas que superaron os 110 anos, das que case todas foron mulleres. En Galicia, ser unha persoa supercentenaria a principios do século XXI supón superar en case trinta de anos a esperanza de vida. Chámaselle persoa semisupercentenaria a que fai os 105 anos de vida.

A galega máis anciá da historia foi Carmela Figueiró, que chegou aos 113 anos e 209 días. Entre homes só dous, Alejandro Rivera e Luís Torras, chegaron (que se saiba) a superar a barreira dos 110 anos.The Oldest Man in Spain

Listaxe de persoas galegas supercentenarias Aquí están recollidas 18 persoas galegas das que se sabe que chegaron a ser supercentenarias. Esta lista pode non estar completa.

OrdeNomeSexoData de nacementoData de falecementoIdadeConcello de nacemento1Carmela FigueiróM28 de outubro de 188325 de maio de 1997113 anos e 209 díasNigrán2Avelina Mouzo LeisAvelina Mouzo Leis, la Abuela de Galicia, fallece pocos días después de cumplir los 113 añosM24 de decembro de 190428 de decembro de 2017113 anos e 4 díasVimianzo3Roberta BlancoM29 de abril de 190822 de abril de 2020Bergondo3María Alonso GayosoM14 de xullo de 188226 de abril de 1994111 anos e 286 díasCastrelo do Val4Lulú VázquezM29 de marzo de 191024 de decembro de 2021111 anos e 270 díasPontevedra5Josefa Álvarez RodríguezM16 de febreiro de 190618 de setembro de 2017111 anos e 214 díasRamirás6Alejandro Rivera SantallaH28 de agosto de 188822 de novembro de 1999111 anos e 86 díasOurense7Celestina PenabadM2 de agosto de 1907"Once décadas con salud"13 de setembro de 2018Muras8Francisca BarracelM18 de xuño de 190218 de xullo de 2013111 anos e 30 díasAllariz9Luis TorrasH26 de decembro de 191214 de xaneiro de 2014111 anos e 16 díasVigo10Josefina VillaverdeM19 de novembro de 19098 de novembro de 2020Cuntis11María NoucheM18 de setembro de 191123 de agosto de 2022Poulo (Ordes)12Elisa de Iglesia AlonsoM28 de xuño de 189528 de marzo de 2006110 anos e 273 díasRedondela13Ramona CostoyasM10 de agosto de 19094 de abril de 2020Silleda14Concepción PichelM11 de maio de 1908Las 110 primaveras de Concha28 de novembro de 2018 Lalín15Rosa Martínez CasaisM3 de maio de 190030 de outubro de 2010110 anos e 180 díasA Merca16Pilar Fernández SobradeloM22 de febreiro de 189821 de xuño de 2008110 anos e 119 díasRianxo17Juana Rodriguez MatíasM8 de agosto de 18861 de decembro de 1996110 anos e 115 díasChandrexa de Queixa18Aurora LombánM26 de abril de 189725 de xuño de 2007110 anos e 60 díasMondoñedo19Consolación PazM28 de decembro de 1913110 anos e 23 díasCambre20María MarcoteM28 de setembro de 19014 de outubro de 2011110 anos e 6 díasFisterra

A persoa máis vella de Galicia Aparecen listadas aquí as persoas que ostentaron o título de seren as máis vellas de Galicia. A maior parte delas foron mulleres. En moitos casos é complexo delimitar se houbo persoas que ocuparon esa posición, ao non haber fontes que sinalen o "comezo do reinado". Neses casos queda o campo en branco.

NomeSexoDesdeAtaIdade ao morrerConcello de nacementoConsolación PazM14 de xaneiro de 2024CambreLuis TorrasH23 de agosto de 202214 de xaneiro de 2024VigoMaría NoucheM24 de decembro de 202123 de agosto de 2022OrdesLulú VázquezM7 de novembro de 202024 de decembro de 2021PontevedraJosefina VillaverdeM22 de abril de 20207 de novembro de 2020CuntisRoberta BlancoM28 de novembro de 201822 de abril de 2020BergondoConcepción PichelM13 de setembro de 201828 de novembro de 2018LalínCelestina PenabadM 28 de decembro de 2017 13 de setembro de 2018MurasAvelina MouzoM 18 de xullo de 2013 28 de decembro de 2017 113 anos e 004 díasVimianzoFrancisca BarracelM 4 de outubro de 2011 18 de xullo de 2013 111 anos e 030 díasAllarizMaría MarcoteM 30 de outubro de 2010 4 de outubro de 2011 110 anos e 006 díasFisterra Rosa Martínez CasaisM25 de decembro de 200930 de outubro de 2010110 anos e 180 díasA Merca Purificación Barcón de AzcárragaM25 de decembro de 2009109 anos e 238 díasNeda Manuela Fernández LópezM1 de outubro de 2009109 anos e 223 díasO Corgo Pilar Fernández SobradeloM23 de marzo de 200821 de xuño de 2008110 anos e 119 díasRianxoMaría FernándezM28 de marzo de 200623 de marzo de 2008111 anos e 221 díasOurenseElisa de Iglesia AlonsoM28 de marzo de 2006110 anos e 273 díasRedondelaRosario Fernández VaraM7 de xaneiro de 2004109 anos e 096 díasMurosRamona Taboada LópezM27 de marzo de 2002109 anos e 158 díasBoimortoAlejandro Rivera SantallaH22 de novembro de 1999111 anos e 086 díasOurenseCarmela FigueiróM26 de abril de 199425 de maio de 1997113 anos e 209 díasNigránMaría Alonso GayosoM26 de abril de 1994111 anos e 286 díasCastrelo do ValPaulina García García-LozanoM18 de abril de 1987108 anos e 319 díasPontecesures

A muller máis vella de Galicia Durante as dúas primeiras décadas o século XXI a muller máis vella de Galicia foi asemade a persoa máis vella. Adoito estas mulleres chegaron a ser supercentenarias, é dicir, chegaron a superar os 110 anos de vida.

Consolación Paz Precedo. Desde o 16 de outubro de 2023. María Nouche. Desde o 24 de decembro de 2021 ata o 23 de agosto de 2022 Lulú Vázquez. Desde o 7 de novembro de 2020 ata o 24 de decembro de 2021. Josefina Villaverde. Desde o 22 de abril de 2020 ata o 7 de novembro de 2020. Roberta Blanco. Desde o 28 de novembro de 2018 ata o 22 de abril de 2020. Concepción Pichel. Desde o 13 de setembro de 2018 ata o 28 de novembro de 2018. Celestina Penabad. Desde o 28 de decembro de 2017 ata o 13 de setembro de 2018. Avelina Mouzo. Desde o 18 de xullo de 2013 ata o 28 de decembro de 2017. Francisca Barracel. Desde o 4 de outubro de 2011 ata o 18 de xullo de 2013. María Marcote. Desde o 30 de outubro de 2010 ata o 4 de outubro de 2011. Rosa Martínez Casais. Desde o 25 de decembro de 2009 ata o 30 de outubro de 2010. Pilar Fernández Sobradelo. Do 23 de marzo de 2008 ao 21 de xuño de 2008. Aurora Lombán. De 28 de marzo de 2006 ao 27 de xuño de 2007, se só contamos as mulleres que vivían en Galicia. María Fernández. Do 28 de marzo de 2006 ao 23 de marzo de 2008 (vivía nos Estados Unidos). Elisa de la Iglesia Alonso. Ata o 28 de marzo de 2006. Rosario Fernández Vara. Ata o 7 de xaneiro de 2004. Ramona Taboada López. Ata o 27 de marzo de 2002. Carmela Figueiró. Do 26 de abril de 1994 ata o 25 de maio de 1997. María Alonso Gayoso. Ata o 26 de abril de 1994. Paulina García García-Lozano. Ata o 18 de abril de 1987.

O home máis vello de Galicia A continuación lístanse unha serie de centenarios, todos eles homes, que ocuparon o posto de seren os varóns máis vellos de Galicia mais non chegaron á categoría de supercentenarios. Luis Torras. Desde o 18 de outubro de 2019 ata o 14 de xaneiro de 2024. Luis Torras é pintor e naceu en Vigo o 29 de decembro de 1912. Foi o primeiro varón en ser a persoa máis vella de Galicia en máis de vinte anos. José Prieto. Desde o 27 de agosto ata o 18 de outubro de 2019. José Prieto Corral nacera o 31 de decembro de 1910 no Caneiro (As Pontes), e finou nunha residencia da Zapateira (Culleredo) o 18 de outubro de 2019. Foi labrego e albanel. Francisco Lestegás. Desde o 30 de xullo de 2016 ao 27 de agosto de 2019. Francisco Lestegás Eiras, coñecido como Paco ou Pancho do Relámpago, nado en Marzán (Foz) o 30 de novembro de 1910 e finado no mesmo lugar o 27 de agosto de 2019, foi un mariñeiro galego. Estivo enrolado nun barco chamado Relámpago, de onde lle veu o alcume. Antonio Santiso, de febreiro de 2015 ao 30 de xullo de 2016. Antonio Santiso Nóvoa, nado en San Vicente de Castillón (Pantón) o 18 de xullo de 1908 e finado no Saviñao o 30 de xullo de 2016, foi un labrego. Evaristo Fernández, de maio de 2014 a febreiro de 2015. Evaristo Fernández García, nado en Trabada o 31 de outubro de 1907 e finado na súa casa da Ría de Abres (Trabada) o 17 de febreiro de 2015, foi un alcalde de barrio até pasados os 100 anos, cargo que mantivo de xeito honorífico. . Antonio Arenosa, de xuño de 2013 ata maio de 2014. Antonio Arenosa Rodríguez, nado en Vigo o 20 de novembro de 1906 e finado en Ponteareas o 9 de maio de 2014, foi un galego que durante varios anos foi o varón máis vello de Galicia . Jesús González, de marzo de 2012 ata xuño de 2013. Jesús González González, nado en Pedrafita do Cebreiro o 18 de decembro de 1905 e finado na mesma localidade o 26 de xuño de 2013, foi un labrego galego que viviu toda a súa vida nesta localidade . Luis Nadal, ata o 25 de marzo de 2012. Luis Nadal Pagés, nado en Palamós i Sant Joan en xullo de 1905 e finado na Zapateira (na parte pertencente a Culleredo) o 25 de marzo de 2012, foi un empresario e enxeñeiro, que traballara como director dunha fábrica de cemento e nunhas minas de volframio. En 2001 trasladárase a vivir á Coruña e logo a unha residencia a Culleredo. Francisco Dans, ata o 22 de decembro de 2010. Francisco Dans Losada, nado na Coruña o 29 de setembro de 1902, finou en Madrid o 22 de decembro de 2010. Antonio García, ata o 12 de febreiro de 2008. Antonio García Espiño, nado en Piñeiro (Silleda) o 1 de xuño de 1900 e finado na mesma localidade o 12 de febreiro de 2008, foi un labrego galego. Atilano Rivas, ata o 2 de xaneiro de 2007. Atilano Rivas Iglesias, nado o 18 de xaneiro de 1897 no Rego do Cal (Abadín), e finado o 2 de xaneiro de 2007 na mesma localidade.

Persoas semisupercentenarias e centenarias

Hai un número moito maior de persoas en Galicia que teñen entre 100 e 110 anos de vida, aínda que seguen a ser as mulleres as que máis doadamente chegan a estas idades. No ano 2017, había en Galicia 1607 persoas de máis de cen anos, das que tres cuartas partes son mulleres.

Entre as persoas galegas centenarias estaba o antigo presidente da Xunta Xerardo Fernández Albor. Lístanse aquí outras persoas semisupercentenarias vivas (máis de 105 anos). Esta listaxe, dunhas corenta persoas, pode non ser completa Lola González Díaz, de Gundivós (Sober), que fixo os 109 anos o 23 de maio de 2023. María Asunción Solís Ricoy, de Valga e veciña da Barca (Pontevedra), que fixo os 106 o 1 de febreiro de 2021. Modesta Fernández Villar, de Ivil (Parada de Sil), que fixo os 106 o 26 de febreiro de 2021. María Luisa Iglesias de Torres, da Coruña, que fixo os 106 o 9 de marzo de 2021. Isolina Bergantiños López, de Casaio (Carballeda de Valdeorras), que vive en San Xoán de Río, e que fixo os 106 o 18 de marzo de 2021. Josefa Vez Núñez, de Placente (Narón) e que vive en Perlío, e que fixo os 106 o 19 de maio de 2021. María Fernández Serrano, da Brea (Carballo), que fixo os 106 anos o 10 de xuño de 2021. Consuelo Mariño Folgar, de Deán Pequeno (Ribeira), que fixo os 106 anos o 11 de xullo de 2021. José Luis Iglesias Novoa, galego que vive en Gernika, que fixo os 106 anos o 26 de xullo de 2021. Antonia Campos Ferreiro, a panadeira de Santo Antoniño (Barro), que fixo os 106 o 8 de agosto de 2021. Concha Val Cousiño, de Covelo pero que vive en Coia, que fixo os 106 anos o 21 de novembro de 2021. Ángela Castaño (Vigo), fixo 106 anos de idade o 17 de marzo de 2025.Marisol Oliva (24/3/2025). "La “bisabuela” de Vigo sopló 106 velas" Atlántico Diario . Cuca Barreras Barret, de Vigo, que fixo os 105 anos o 6 de decembro de 2021. É a irmá de Carlos Barreras, que foi presidente do Celta. Dolores Rodríguez, de Chantada, que vive en Ourense, e fixo os 105 anos o 29 de xaneiro de 2021. Amelia Gulías, de Beariz, que vive en Vigo, e fixo os 105 anos o 21 de marzo de 2021. María Fernández Bouso, María de Baltasar, de Riotorto, que fixo os 105 o 11 de xuño de 2021. María Bouzas Senín, de Cerneira (Valga), que fixo os 105 o 8 de xullo de 2021. María Espasandín Raposo, de Boimente (Santa Comba), que fixo os 105 o 8 de agosto de 2021. Rosa González CousoOutras fontes mencionan unicamente Rosa Couso., de Suigrexa (Moraña), fixo os 105 o 6 de setembro de 2021. Victorina Forján Mayo, de Landeira (Negreira), que fixo os 105 o 6 de outubro de 2021.