Pietarsaari (en finés) ou Jakobstad (en sueco) é unha cidade de Finlandia, situada ao oeste do país, na rexión de Ostrobotnia.
Etimoloxía O nome sueco da cidade significa literalmente Cidade de Xacobe en honor ao nome do home da súa fundadora. A cidade foi fundada no antigo porto da parroquia de Pedersöre e o seu nome pervive no nome sueco do concello, Jakobstad, literalmente Illa de Peter. Pedersöre continúa a ser un concello independente veciño a Pietarsaari.
Xeografía Pietarsaari está situada na costa oeste de Finlandia, bañada polas augas do golfo de Botnia, cubrindo unha superficie total de 396,35 km², dos cales 304,52 km² son de auga. A altitude do territorio apenas presenta variacións dende a altitude mínima na costa (ao nivel do mar), e a máxima altitude (20 metros sobre o nivel do mar).
Limita cos concellos de Larsmo ao norte, Pedersöre ao sueste, Nykarleby ao suroeste.
A cidade encóntrase a 467 km da capital finlandesa, Helsinqui, a 97 km da capital da rexión, Vaasa, a 234 km de Oulu, a 300 km de Tampere, e a 413 km de Turku.
Poboación A poboación de Pietarsaari en 2013 era de 19.636 habitantes:Väestö iän (1-v.), sukupuolen ja kielen mukaan alueittain 1990–2012, laaja alueluokitusryhmittely
Censo total (habitantes) 19.636 Menores de 15 anos 16,3 % Entre 15 e 64 anos 61,5 % Maiores de 64 anos 22,2 %
Historia A cidade foi fundada en 1652 por Ebba Brahe, a viúva do comandante militar Jacob De la Gardie, e fóronlle concedidos privilexios de cidade pola raíña Cristina de Suecia. A cidade foi fundada no antigo porto de Pedersöre.
Nun principio a cidade medrou lentamente, cunhas autoridades que apenas promovían o crecemento demográfico. En 1680 os seus habitantes foron obrigados a trasladarse ás cidades de Karleby (Kokkola), Uleåborg (Oulu) e Nykarleby, mais a orde foi rescindida. As guerras tamén contribuíron ao seu lento crecemento, e a cidade foi invadida polas tropas rusas dúas veces durante a Grande Ira, e grandes partes da cidade foron queimadas. A maioría dos habitantes fuxiron da cidade. Durante os anos '20 do século XVIII, algúns dos antigos habitantes regresaron, e as décadas posteriores marcaron un período de crecemento, a actual igrexa foi construída en 1731.
A base económica da cidade púxose a mediados do século XVIII, coa instalación de industrias fabricantes de alcatrán e unha fábrica de tabaco no seu centro. O comercio empezou a desenvolverse cara 1765, cando as cidades finlandesas do Golfo de Botnia recibiron o privilexio por parte da coroa sueca de comerciar directamente con outros países. Isto tamén levou a que a industria naval se convertera nunha das principais actividades de Pietarsaari. Os primeiros barcos en navegar con bens a outros países foron a galeaza Jacobstads Wapen e o bergantín Enigheten. O comercio e a construción naval fixeron de Pietarsaari unha cidade próspera, e un destacado home de negocios do tempo foi o comerciante e armador Adolf Lindskog, que tamén se converteu nun dos homes máis ricos de Finlandia.
miniatura|200px|left|A vella fábrica de tabaco "Strengberg" en Pietarsaari.
Os principios do século XIX foron un tempo de axitación, que viviu a guerra de 1808-1809 entre Suecia e Rusia, así como un grande incendio en 1835 que destruíu cerca da metade da cidade. A pesar disto, o progreso económico continuou, e despois de 1850 fundáronse na cidade unha fábrica de cervexa, unha fábrica de mistos, e varios bancos. En 1859, o comerciante e armador Peter Malm comezou un serradoiro a vapor, que foi a segunda instalación destas características en Finlandia. A Guerra de Crimea foi un importante revés para a industria naval a causa do bloqueo británico que reduciu a produción naval de 26 barcos a 9.
Empresarios importantes do século XIX foron Otto Malm e Wilhelm Schauman, fundaron unha fábrica de chicoria (sucedáneo do café) na cidade en 1883. Este momento é xeralmente considerado como o inicio da industrialización en Pietarsaari. En 1900, a fábrica de tabaco Strengberg era o maior empregador en Pietarsaari.
Durante a Guerra Civil Finlandesa houbo na cidade unha escola de artillaría. No transcurso da segunda guerra mundial, a cidade foi bombardeada unha vez polos bombardeiros soviéticos, causando algunhas baixas. Ata a década dos '60, a cidade foi maioritariamente suecofalante, mais como consecuencia da expansión industrial dos anos '60 e '70, a necesidade de man de obra adicional provocou unha grande afluencia de falantes de finés. A cidade segue a ser bilingüe cun 56% de falantes de sueco e un 40% de falantes de finés.
Política Os últimos resultados electorais deixaron a composición da cámara municipal do seguinte xeito:Yle: Kunnallisvaalit 2012 tulospalvelu Yleisradio
Svenska folkpartiet i Finland: 18 Suomen Sosialidemokraattinen Puolue: 9 PRO: 5 Suomen Kristillisdemokraatit: 4 Vasemmistoliitto: 3 Kansallinen Kokoomus: 1 Perussuomalaiset: 1 Suomen Keskusta: 1 Vihreä liitto: 1
Lingua A cidade de Pietarsaari é bilingüe en finés e sueco, cunha ampla maioría de falantes suecos con arredor dun 56 %. Por linguas a distribución da poboación en 2012 era a que segue:
Lingua finesa: 37,7 % Lingua sueca: 56,0 % Outras: 6,3 %
Lugares de interese A Casa do Concello de Pietarsaari é un edificio histórico da cidade construído en 1875. A aparencia actual do edificio data de 1890. Pietarsaari é o lugar de orixe da galeaza Jacobstads Wapen, unha réplica a tamaño real realizada entre 1987 e 1992, baseada nos debuxos orixinais de 1755 feitos polo construtor naval sueco Fredrik Henrik af Chapman. O Jakobstad Museum é o principal museo da cidade, concéntrase na historia marítima e na construción naval. O museo ártico de Nanoq está situado fóra de Pietarsaari. Pietarsaari conta co único museo adicado á chicoria de Finlandia. Está situado na antiga fábrica de chicoria do século XIX, e familiariza aos visitantes coa produción de chicoria, cos inicios da carreira industrial de Wilhelm Schaumans, así como experimentar as auténticas condicións dunha antiga fábrica. O museo de Pietarsaari acolle tamén mostras de arte e outros eventos. O xardín botánico de Skolparken (literalmente "o xardín da escola"), con aproximadamente 1.000 especies de plantas, é recoñecido como un dos xardíns botánicos máis ao norte do mundo e pola súa arquitectura clásica de parque. O parque foi rematado en 1932. A fundación foi promovida pola familia Schauman, que quería honrar a memoria de Elise e Viktor Schauman. O parque foi deseñado polo famoso arquitecto de parques finlandés Bengt Schalin. Skata é unha zona residencial protexida próxima ao centro da cidade que data de 1783. A partir de finais do século XIX, Skata converteuse nun barrio de mariñeiros. Na década de 1890, converteuse nunha zona de clase traballadora, residindo nela a maior parte dos traballadores da fábrica de tabaco de Strengberg.
Deporte Deportivamente destaca na cidade o FF Jaro, que xoga na máxima categoría do fútbol finlandés, a Veikkausliiga. O FC United, da liga de fútbol feminina, colleitou moitos éxitos nos últimos anos.
Cidades irmás Asker, Noruega Birkerød, Dinamarca Bünde, Alemaña Eslöv, Suecia Garðabær, Islandia Jamestown, Estados Unidos Jūrmala, Letonia Söderhamn, Suecia
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista de municipios de Finlandia nos que o finés non é a única lingua oficial
Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Cidades de Ostrobotnia