One Man Band é unha curtametraxe de animación de Pixar estreada no 2005.
Sinopse Bass é un home orquestra que toca na praza dende hai anos. Un día, chega Treble, un novo home orquestra que semella superalo. Aí entra Tippy, unha cativa que quere pedir un desexo á fonte cunha moeda. Xa que os dous precisan dunha moeda, Bass e Treble comezan a competir pola atención de Tippy, facendo que ela tire a moeda por accidente. Anoxada, Tippy pídelle un dos seus violíns a Treble, e sorprendentemente tócao como unha verdadeira profesional, facendo que un home lle entregue unha enorme bolsa chea de moedas. Tippy saca dúas e tenta con elas a Bass e Treble. Porén, lánzaas ó tope da fonte. Despois dos créditos, vese como ambos tratan de facerse coas moedas.
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial One Man Band' na IMDb One Man Band na Big Cartoon DataBase
Categoría:Curtametraxes de Pixar Categoría:Filmes de 2005