Renovación Nacional (RN) é un partido político chileno de centro dereita, foi formado e fondado o 29 de abril de 1987Manuel Alcántara Sáez, Flavia Freidenberg (eds.), Partidos políticos de América Latina. Cono Sur, Universidad de Salamanca, 2002, pp. 249-250 ISBN 8478008365, ISBN 9788478008360 Consultado o 28 de decembro de 2013 . O partido é considerado como a cara moderada da Alianza por Chile, coalición que comparte coa Unión Demócrata Independente. O presidente do partido é Carlos LarraínRenovación Nacional, servel.cl Consultado o 28 de decembro de 2013 que veu a suceder Sergio Diez. Entre os seus militantes e dirixentes, tivo entre os seus principais dirixentes ao actual presidente Sebastián Piñera, que no 2010 foi elixido como primeiro ministro da república de Chile. Outra destacada personalidade é Andrés Allamand, que foi senador e foi ministro de Defensa do Goberno do presidente xa mencionado.
Presidentes da RN A RN tivo oito presidentes no partido na súa historia:
Ricardo Rivadeneira (1987) Sergio Onofre Jarpa (1987–1990) Andrés Allamand (1990–1999) Alberto Espina (1999) Alberto Cardemil (1999–2001) Sebastián Piñera (2001–2004) Sergio Diez (2004–2006) Carlos Larraín (2006–)
Candidatos presidenciais Lista dos candidatos presidenciais apoiados pola RN.recollido do ficheiro das eleccións chilenas
1988 plebiscito: "Si" (perdida) 1989: Hernán Büchi (perdida) 1993: Arturo Alessandri Besa (perdida) 1999: Joaquín Lavín (perdida) 2005: Sebastián Piñera (perdida) 2009: Sebastián Piñera (gañada) 2013: Evelyn Matthei (perdida)
Logotipos do partido
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas O sitio web oficial do partido A Bancada dos Diputados RN
Categoría:Partidos políticos de Chile