Os símbolos prima ( ′ ), segunda ( ″ ) e terceira (  ) son símbolos empregados con distintos significados en Matemáticas e outras Ciencias, Lingüística e Música. Este símbolo é diferente do apóstrofo, acento agudo, acento grave, comiñas ou o signo de ídem.

Historia O nome "prima" provén de ler a notación x′ como a primeira dunha serie, seguida por “x segunda”, e así sucesivamente.

Usos Matemáticas Sinálase co símbolo prima unha variable relacionada cunha anterior, por exemplo por ser o resultado dunha transformación. Emprégase para indicar derivación: se y = f(x) entón y′ é a súa función derivada. Nalgunhas notacións representa o complementario dun conxunto ou dun suceso. A prima é o símbolo do minuto e a segunda é o símbolo do segundo, unidades de medida de ángulos no sistema sexaxesimal.

Lingüística Na transliteración dalgunhas linguas eslavas denota palatalización.

Música 200px|esquerda|miniatura|Prima, segunda e terceira No sistema de notación de Helmholtz empréganse a prima e a segunda para distinguir notas en diferentes oitavas.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Código xeral do Unicode

Categoría:Puntuación Categoría:Tipografía Categoría:Símbolos matemáticos