Un elemento iniciador (Inr), ás veces chamado motivo iniciador, é unha secuencia de nucleótidos que funciona como núcleo dun promotor (core promoter) de xenes, que actúa de forma similar á caixa de Pribnow (dos procariotas) ou á caixa TATA (dos eucariotas). Presenta a secuencia consenso YYANWYY.Nas secuencias de ADN Y significa pirimidina, A, adenina, N, nucleobase (calquera das catro), e W significa adenina ou timina. De xeito similar á caixa TATA, o elemento iniciador facilita a unión de factores de transcrición como o factor de transcrición II D (TBP). O elemento iniciador (Inr) é o único elemento nos xenes codificantes de proteínas animais que é un análogo funcional da caixa TATA no sentido que é suficiente para dirixir unha axeitada iniciación da transcrición en xenes que carecen de caixa TATA.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Caixa TATA Caixa CCAAT Caixa de Pribnow Caixa GC

Categoría:Xenética molecular Categoría:Secuencias regulatorias