PortomouriscoDiocese:AstorgaArciprestado:A RúaÁrea: - km²Poboación: 137 hab. (2015)Densidade: - hab./km²Entidades de poboación: 3 miniatura San Vítor de Portomourisco é unha parroquia eclesiástica galega do arciprestado da Rúa da diocese de Astorga. Os seus terreos e vivendas están repartidos entre dous concellos, o de Larouco e o de Petín, e ten unicamente dúas entidades de poboación, aínda que oficialmente constan tres: Portomourisco e A Portela de Portomourisco, este último formado polos lugares homónimos, A Portela de Portomourisco (do concello de Larouco) e A Portela de Portomourisco (do concello de Petín).

Segundo o padrón municipal de 2015 tiña 137 habitantes, deles 72 homes e 65 mulleres, e dos que 119 estaban censados en Petín e 18 en Larouco. A poboación diminuíu, pois no censo de 1999 tiñan 182 habitantes (22 en Larouco e 160 en Petín).

Situada ao pé do curso fluvial do río Xares, que realiza un acusado meandro nos arredores do núcleo. O río atravésao unha ponte, construída no século XVIII, que se acompaña dunha pequena ermida ao carón.

Véxase tamén Outros artigos Portomourisco, Larouco Portomourisco, Petín Ligazóns externas Web persoal que fala da parroquia

Categoría:Parroquias eclesiásticas divididas entre dous concellos Categoría:Artigos de Galicia sen datos de superficie Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Vítor