Ben Edward McLemore III, nado o 11 de febreiro de 1993 en St. Louis, Missouri, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga no Río Breogán da Liga ACB.

Traxectoria O 27 de xuño de 2013, McLemore foi elixido na 7ª posición do Draft de 2013 polos Sacramento Kings. Foi elixido Rookie do Mes da Conferencia Oeste dos meses de outubro e novembro, ó facer 9.1 puntos en 22.8 minutos por partido. O 7 de xullo de 2017, McLemore asinou un contrato cos Memphis Grizzlies. O 17 de xullo de 2018, McLemore foi traspasado xunto a Deyonta Davis e unha elección da segunda rolda do Draft de 2021 ós Sacramento Kings, a cambio de Garrett Temple. O 7 de febreiro de 2019, foi cortado polos Kings. O 23 de xullo de 2019, McLemore asinou cos Houston Rockets. O 3 de abril de 2021, os Rockets cortaron a McLemore. O 6 de abril de 2021, McLemore asinou cos Los Angeles Lakers. O 8 de abril debutou cos Lakers, anotando seis puntos na derrota contra os Miami Heat. O 5 de agosto de 2021, McLemore asinou cos Portland Trail Blazers. Incidentes En marzo de 2024 tivo un incidente coa policía local de Lugo ao se negar a facer un control de alcoholemia. En 2024 foi acusado de violación e outros tres delitos sexuais en Oregón.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Biografía nos Kansas Jayhawks

Categoría:Nados en 1993 Categoría:Nados en St. Louis, Missouri Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Sacramento Kings Categoría:Xogadores dos Sacramento Kings Categoría:Xogadores dos Memphis Grizzlies Categoría:Xogadores dos Houston Rockets Categoría:Xogadores dos Los Angeles Lakers Categoría:Xogadores dos Portland Trail Blazers Categoría:Xogadores do AEK Atenas BC Categoría:Xogadores do Club Baloncesto Breogán