O signo de división ÷ é un símbolo formado por un trazo horizontal cun punto arriba e outro abaixo. Emprégase para representar a división e tamén representa, tradicionalmente, a progresión aritmética.
Historia Orixinariamente o símbolo era empregado como óbelo (segundo Martínez de Sousa, tamén era denominado lemnisco)Martínez de Sousa 1987, p. 280 para marcar pasaxes de manuscritos antigos que podían ser dubidosos ou espurios e tiña forma dun guión («-»).Ubierna 2016, p. 25 Posiblemente fose inventado por Aristarco de Samotracia.
Tras ser empregado para representar a subtracción, o símbolo foi utilizado por primeira vez como signo de división en 1659 no libro Teutsche Algebra de Johann Rahn.
Uso miniatura|esquerda|Calculadora co signo de división O uso habitual do signo ÷ é representar a división, especialmente nas calculadoras.
Nos países anglosaxóns emprégase na aritmética básica como signo para indicar unha división entre números, pero este uso é rexeitado nos textos científicos.
Colocado diante dunha sucesión indica que é unha progresión aritmética, igual que o signo ∺ indica que é unha progresión xeométrica: ÷ 2, 6, 10, 14… ∺ 2, 6, 18, 54…
Escritura en informática Windows + (do bloque numérico)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Michael Quinion: Signs for Sums
Categoría:Símbolos matemáticos Categoría:Tipografía