El Cabo Ortegal foi un semanario editado en Ortigueira entre 1890 e 1894.
Historia e características Subtitulado Semanario Liberal, apareceu o 28 de novembro de 1890, logo da desaparición de El Ortegal. Dirixido por Federico Maciñeira Pardo de Lama, o administrador era Manuel Blanco. Editábase na imprenta de A. Amenedo Ponte. Despois do número 67, aparecido o 10 de xaneiro de 1892, pasou a denominarse El Ortegal, subtitulado Semanario político independiente. Editou 23 números máis, cesando a súa publicación o 5 de agosto de 1894.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña
Categoría:Prensa escrita de Ortigueira Categoría:1890 en Galicia