miniatura|right|Revson pilotando o McLaren nas 500 Millas de Indianápolis de 1972. Peter Jeffrey Revson, nado en Nova York o 27 de febreiro de 1939 e finado o 22 de marzo de 1974, foi un piloto de carreiras estadounidense que tivo éxitos na Fórmula 1 e nas 500 Millas de Indianápolis.

Antecedentes Peter Revson era fillo de Julie e Martin Revson. e sobriño do propietario de Revlon, o magnate da industria de cosméticos Charles Revson. Herdou a fortuna do seu pai (ao parecer máis de mil millóns de dólares). Era un mozo solteiro e aposto que foi descrito como un "espírito libre", que deixou unha vida fácil para adicarse a unha vida de velocidade e perigo. Fóra da pista, levou a súa vida ao mesmo ritmo acelerado. Revson pilotaba un Chris Craft de 9´8 m. e fixo as veiras a algunhas das mulleres máis belas do mundo, como a modelo e Miss Mundo de 1973, Marjorie Wallace.

Andaina Revson comezou a competir en 1960, cando estaba na Universidade de Hawai. Previamente asistiu tanto a Universidade de Columbia como á Universidade Cornell. Revson terminou segundo nunha carreira local, pilotando un Plus Four Morgan. Continuou a súa carreira deportiva, experimentando nos coches de Fórmula, nos sedáns Trans-Am, na Can-Am, GTS, e Indianápolis.

1963-1974 Fórmula Un, TransAm, Can-Am e Indianápolis En 1963 Revson competiu profesionalmente mentres recorría Europa, pilotando un Fórmula Júnior.*Anonymous. October 1970. Peter Revson going places. Playboy Magazine. 179. Retrieved on February 15, 2012. En 1968 formou parte do novo programa de carreiras Javelin establecido por American Motors (AMC)."Trans-Am Racing 1968", AMX-perience, undated , retrieved on 2008-09-06. No primeiro intento na Trans-Am Series, as 12 Horas de Sebring, Revson e Skip Scott quedaron 12º na xeral e quintos na súa clase."1968 Sports Car Racing Results", SCCA Trans-Am Series , retrieved on 2008-09-06.

miniatura|left| Peter Revson no Gran Premio do Canadá de 1972 en Mosport Park, 23 de setembro de 1972. Revson poucos minutos despois de lograr a Pole Position, e estrelarse na seguinte volta.

Nas 500 Millas de Indianápolis de 1969 Revson foi o mellor novato, quedando en quinto lugar na carreira. Pilotaba un Brabham-Repco, que tivo problemas do carburador. Durante unha elección posterior á carreira, foi seleccionado como finalista para novato do ano. Ese ano Revson logrou sete acabados no top cinco da serie TransAm, pilotando un Mustang.

En 1970 asociouse con Steve McQueen para lograr o segundo lugar nas 12 Horas de Sebring. O mesmo ano Revson pilotou con Mark Donohue no equipo de fábrica de Penske Racing, no SCCA Trans Am. El pilotou un Lola Racing Cars L&M especial e converteuse nun dos pilotos principais na serie de carreiras Can-Am. Revson uniuse a McLaren en , converténdose no primeiro estadounidense en gañar o campionato Can-Am. Esa mesma tempada terminou segundo nas 500 Millas de Indianápolis logo de rexistrar o mellor tempo de clasificación.

miniatura|McLaren M19C de Peter Revson, Gran Premio do Canadá de 1972 en Mosport Park, 23 de setembro de 1972. Uns minutos logo de establecer a Pole Position, perdeu a porca da roda traseira esquerda e logo á roda estrelándose na curva dúas.

Competiu na Indy 500 cada ano desde 1969 ata 1973. En 1972, Revson foi fichado polo equipo McLaren de Fórmula 1. Permaneceu co equipo por dous anos, gañando o Gran Premio do Reino Unido de 1973 e o Gran Premio do Canadá de 1973. Marchou a Shadow en . É o último piloto nado nos Estados Unidos en gañar unha carreira de Fórmula Un (Mario Andretti, que gañou posteriormente, é un estadounidense naturalizado).

Morte Revson morreu durante unha sesión de probas antes do Gran Premio de Suráfrica de 1974 en Kyalami. Mentres pilotaba o UOP Shadow-Ford Ford DN3, sufriu unha avaría na suspensión dianteira, e estrelouse con forza contra a barreira Armco no exterior da "Barbecue Bend", e morreu.

Tony Southgate, deseñador do DN3, (Motorsport Magazine, xuño de 2012, páxina 84) - "Revvie era un tipo fabuloso, tolerante, encaixaba ben, e un moi bo piloto, pero traxicamente non estivo connosco moito tempo. Clasificouse na 2ª fila na Arxentina e na fila 3 en Brasil. Logo, el e eu, o noso xefe de mecánicos Pete Kerr e outros dous mecánicos fomos a Kyalami para as probas antes do GP de Suráfrica. Revvie ía moi ben, moi contento co coche, e logo non apareceu. Saímos correndo á parte de atrás do circuíto e atopamos o coche enterrado baixo as barreiras Armco no exterior dunha curva rápida. Peter xa estaba na ambulancia e marchara. Telefonei ao hospital, e dixéronme que tiña que ir á morgue e identifícalo. Cando se soubo a noticia, desatouse o inferno, xornalistas golpeando na miña porta do hotel, entón o avogado da familia Revson chegou e tomou o control."

"Estabamos usando moito titanio no DN3, que era un novo material bastante común entón. O titanio é fodido, ten que mecanizarse ben e puírse a superficie e unha rótula que tiña un mecanizado basto fallara. Só había unha barreira Armco e o coche, en lugar de ser desviado ou detido, metérase baixo a barreira ata a cabina do piloto. Sentíame persoalmente responsable. Foi un momento moi difícil. O glamour da Fórmula 1 desaparecera, substituído por unha especie de soidade. Só tiña que traballar. Por suposto substituín todos os compoñentes de titanio por aceiro antes da seguinte carreira."

Foi o segundo Revson a perder a súa vida nas carreiras, o seu irmán Douglas morreu nun accidente en Dinamarca en 1967. Peter e Douglas Revson están enterrados xuntos nunha cripta no Ferncliff Cemetery de Hartsdale, Nova York. A autobiografía de Revson, 'Speed with Style' (velocidade con estilo), co-escrito con Leon Mandel, foi publicado postumamente por Doubleday & Company en 1974.

Revson foi substituído por Tom Pryce, quen morreu tres anos máis tarde no mesmo Gran Premio.

Resultados

Resultado completos na Fórmula Un

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida. Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 Pos Puntos Revson Racing Lotus 24 BRM V8 MONNSC NED ALE14 AUT ITA13 USA MEX NC 0 Reg Parnell Racing BELDSC GBRRet Lotus 25FRANTS Elf Team Tyrrell Tyrrell 001 Cosworth V8 RSA ESP MON NED FRA GBR ALE AUT ITA CAN USARet NC 0 Team Yardley McLaren McLaren M19A Cosworth V8 ARXRet RSA3 ESP5 MON BEL7 FRA GBR3 ALE 5º 23 McLaren M19C AUT3 ITA4 CAN2 USA18 Team Yardley McLaren McLaren M19C Cosworth V8 ARX8 BRARet RSA2 5º 38 McLaren M23 ESP4 BELRet MON5 SWE7 FRA GBR1 NED4 ALE9 AUTRet ITA3 CAN1 USA5 UOP Shadow Racing Team Shadow DN3 Cosworth V8 ARXRet BRARet RSA ESP BEL MON SWE NED FRA GBR ALE AUT ITA CAN USA NC 0

Resultados nas 500 Millas de Indianápolis Ano Chasis Motor Inicio Final 1969 Brabham Repco 33º 5º 1970 McLaren Offy 16º 22º 1971 McLaren Offy 1º 2º 1972 McLaren Offy 2º 31º 1973 McLaren Offy 10º 31º

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Peter Revson at Findagrave.com Video Tribute to Peter Revson Video interview with Peter Revson

Categoría:Nados en 1939 Categoría:Finados en 1974 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 finados en competición Categoría:Pilotos de Fórmula 1 dos Estados Unidos de América Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Tyrrell Racing Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de McLaren Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Shadow Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Reg Parnell Racing Categoría:Pilotos das 24 Horas de Le Mans