Paul Breitner, nado en Kolbermoor o 5 de setembro de 1951, é un exfutbolista alemán. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección alemá.

Traxectoria O seu alcume era "Afro-Paule" Breitner debido ao seu famoso peiteado afro durante a súa época de xogador.

É un dos grandes futbolistas xermanos de tódolos tempos, sendo 48 veces internacional. Os seus clubs foron o Bayern Múnic (70-74 e 78-83) e o Real Madrid (74-78). Foi campión de liga co Bayern nos anos 1972,1973,1974,1980 e 1981, da copa en 1971 e 1982 e da Copa de Europa en 1974. Co Real Madrid gañou a liga en 1975 e 1976, a Copa en 1975 e a Copa da UEFA en 1974.

Selección nacional Coa selección alemá foi campión de mundo en 1974 e subcampión en 1982. Nas Eurocopas tamén foi campión no ano 1980.

A día de hoxe traballa coma comentarista en televisión e columnista.

Categoría:FIFA 100 Categoría:Futbolistas de Alemaña Categoría:Xogadores do FC Bayern München Categoría:Xogadores do Real Madrid CF Categoría:Xogadores do Eintracht Braunschweig Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Alemaña Categoría:Nados en Baviera Categoría:Nados en 1951 Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA Categoría:Futbolistas gañadores da Eurocopa Categoría:Futbolistas gañadores do Mundial