Benito Pérez Álvarez foi un comerciante e político galego.

Traxectoria Vinculado ao agrarismo, na ditadura de Primo de Rivera foi alcalde de Tui do 25 de xaneiro de 1924 ao 12 de abril dese ano. Na Segunda República foi elixido concelleiro nas eleccións do 12 de abril e alcalde de Tui o 27 de abril, permanecendo no cargo até o 5 de xuño de 1931. Integrouse en Izquierda Republicana. Volveu ser alcalde o 29 de xuño de 1936 até o 16 de xullo dese ano. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 foille incoado expediente de responsabilidades políticas en 1941.

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Alcaldes de Tui Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes