Joaquín Fernández Sestelo, finado en Salceda de Caselas o 28 de marzo de 1917El Tea, 13-4-1917, p. 2., foi un farmacéutico, agrarista e xornalista galego.

Traxectoria Farmacéutico en Salceda de Caselas. Dirixiu o periódico El Despertar. En 1916 foi perseguido, condenado por inxurias e desterrado.

Recoñecementos En 1925 o concello de Salceda de Caselas acordou poñer o seu nome a unha rúaEl Tea, 4-2-1925, p. 2..

Vida persoal Casou con Petra Caballero Pérez e foi pai de María del Pilar Fernández Caballero.

Notas

Categoría:Personalidades do agrarismo Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Finados en 1917 Categoría:Nados no século XIX Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos