A vigairía apostólica de Arabia setentrional (en ; en ) é unha vigairía apostólica católica con sé en Kuwait, inmediatamente suxeita á Santa Sé. Actualmente o vigairo apostólico é Aldo Berardi.
Historia A prefectura apostólica de Kuwait foi erixida o 29 de xuño de 1953 coa bula Quemadmodum dispensator do papa Pío XII, en territorios da vigairía apostólica de Arabia.Constitución apostólica Quemadmodum dispensator do 29 de xuño de 1953, publicada nas Acta Apostolicae Sedis (AAS), vol. XLV (1953), n° 17 (28 de decembro de 1953), pp. 835-836 O 2 de decembro de 1954 a prefectura apostólica foi elevada a vigairía apostólica coa bula Quandoquidem Christi do mesmo papa Pío XII.
O 27 de xaneiro de 1957 foi colocada a primeira pedra da catedral, que foi consagrada o 16 de marzo de 1961. En 1973 foi fundada unha parroquia de rito bizantino.
O 31 de maio de 2011 a vigairía apostólica estendeu a súa xurisdición sobre Arabia Saudita, Qatar e Bahrain, anteriormente baixo a vigairía de Arabia, e cambiou a súa denominación pola actual co decreto Bonum animarum da Congregación para a Evanxelización dos Pobos.
Territorio A vigaría estende a súa xurisdición sobre todos os fieis católicos de Kuwait, Arabia Saudita, Qatar e Bahrain. A xurisdición sobre Arabia Saudita é tan só formal, xa que no país non permítese cultos dunha relixión distinta á musulmá.
Malia ser unha xurisdición latina, a vigairía ten xurisdición tamén sobre os fieis doutras igrexas particulares, coa excepción dos exarcados patriarcais para os greco-melquitas e os siríacos no territorio de Kuwait. Os fieis dependentes da vigairía constitúen arredor dun 20%.About the Apostolic Vicariate of Northern Arabia , Porén, o bispo ten a obriga de que os fieis doutros ritos poidan practicar e observar as normas que lles son propias.
A sé da vigairía é a cidade de Kuwait, onde está a Catedral da Sagrada Familia no Deserto. O territorio está dividido en 7 parroquias: catro en Kuwait, dúas en Bahrain e unha en Qatar.
Liturxia Nos catro países sobre os que a vigairía estende a súa xurisdición, a fin de semana é o venres e o sábado, polo que nela pódese cumprir o precepto dominical dende o venres pola tarde,Feast Days & Days of Obligation in our Vicariate , . aínda que recoméndase ir o domingo.Sunday - The Lord's Day (DIES DOMINI) , carta pastoral do Vigario Apostólico Camillo Ballin aos católicos de Kuwait, .
Como festa propia destaca a solemnidade da Nosa Señora de Arabia, patroa da vigairía, que celébrase o segundo domingo de tempo ordinario.
Episcopoloxio Ubaldo Teofano Stella (29 de xuño de 1953 - 1966, renuncia) 1966 - 1976: Sé vacante, administrador apostólico Víctor León Esteban San Miguel Erce. Víctor León Esteban San Miguel Erce (31 de maio de 1976 - 5 de novembro de 1981, retirado) Francis George Adeodatus Micallef (5 de novembro de 1981 - 14 de xullo de 2005, retirado) Camillo Ballin (14 de xullo de 2005 - 12 de abril de 2020, finado) 13 de maio de 2020 - 27 de xaneiro de 2023: Sé vacante, administrador apostólico Paul Hinder. Aldo Berardi (nomeado o 28 de xaneiro de 2023)
Notas e referencias
Arabia setentrional Arabia setetentrional Arabia setentrional Categoría:Divisións territoriais católicas en Kuwait Arabia setentrional