Mauricio Ricardo Pinilla Ferrera, nado en Santiago de Chile o 4 de xuño de 1984, é un futbolista chileno que xoga na demarcación de dianteiro. O seu club actual é o Atalanta BC.
Traxectoria Formouse nas categorías inferiores do Club Universidad de Chile, debutando co primeiro equipo no ano 2002 e anotando 20 goles nos 39 encontros disputados. Esta grande actuación fai que o fiche o Inter de Milán, aínda que sería cedido ao Chievo Verona, onde non tivo moita continuidade polo que foi cedido de novo no mercado invernal ao Celta de Vigo que buscaba evitar o descenso a Segunda División, obxectivo que non acadou. O seu inicio en Vigo foi prometedor, anotando dous goles ante o Deportivo Alavés na Copa do Rei, porén sería os únicos goles que anotaría, rematando a tempada apartado do equipo. Pese a todo chegaría a debutar na Liga de Campións co equipo galego.
Ao ano seguinte foi traspasado ao Sporting de Lisboa, de onde saíu cedido a causa do baixo rendemento, esta vez ao Racing de Santander. En 2006 foi fichado polo Heart of Midlothian FC escocés, por enésima vez non tivo a continuidade necesaria polo que foi cedido ao seu club de orixe, o Club Universidad de Chile, onde tampouco deu o rendemento esperado.
No ano 2008 fichou polo CR Vasco da Gama brasileiro, equipo que rematou perdendo a categoría a final de tempada. Ao ano seguinte fichou polo Apolon Limassol chipriota, onde remataría contrato sen ter ofertas doutros clubs.
En 2009 fichou polo US Grosseto FC da Serie B italiana, onde recuperou a capacidade goleadora, alcanzando o récord de goles en partidos consecutivos, ao superar os 11 goles de Gabriel Batistuta. Ao ano seguinte foi traspasado ao US Città di Palermo, da Serie A, de onde foi cedido ao Cagliari Calcio nun primeiro momento e despois en propiedade.
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do xogador
Categoría:Nados en 1984 Categoría:Nados en Santiago de Chile Categoría:Futbolistas de Chile Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Club Universidad de Chile Categoría:Xogadores do Inter de Milán Categoría:Xogadores do Chievo Verona Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Sporting Clube de Portugal Categoría:Xogadores do Racing de Santander Categoría:Xogadores do Heart of Midlothian FC Categoría:Xogadores do Vasco da Gama Categoría:Xogadores do Apollon Limassol Categoría:Xogadores do US Grosseto FC Categoría:Xogadores do US Palermo Categoría:Xogadores do Cagliari Calcio Categoría:Xogadores do Genoa CFC Categoría:Xogadores do Atalanta BC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Chile Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014 Categoría:Futbolistas gañadores da Copa América