miniatura|dereita|Antonio Cánovas del Castillo foi elixido Presidente do Consello de Ministros. As Eleccións xerais de 20 de xaneiro de 1876 en España foron convocadas baixo o reinado de Afonso XII e tiveron carácter constituínte cuxo resultado foi a Constitución española de 1876, vixente ata 1931, na coñecida como Restauración borbónica en España.

Antecedentes O 26 de agosto de 1875 as tropas de Joaquín Jovellar e de Arsenio Martínez Campos ocuparon La Seu d'Urgell, o que supuxo un importante revés para o carlismo en Cataluña. O 12 de setembro, Cánovas del Castillo cedeu transitoriamente a presidencia do goberno ao xeneral Joaquín Jovellar para preparar o futuro político da monarquía afonsina.

Características O número de votantes para estas eleccións era de 3 989 612, votando soamente os varóns maiores de 25 anos. Así, mediante sufraxio universal masculino elixíronse 391 deputados durante os días 20 e 23 de xaneiro de 1876.Convocadas con carácter constituínte por Real Decreto de 31 de decembro de 1875, manténdose o sufraxio universal masculino nos términos de xuño de 1872.

Composición do Congreso dos Deputados ← Eleccións xerais en España, 20 de xaneiro de 1876 → Partido Escanos Líder Partido Liberal-Conservador 317 Antonio Cánovas del Castillo Partido Constitucional 48 Práxedes Mateo Sagasta Partido Moderado 12 Alejandro Pidal y Mon Partido Radical 5 Cristino Martos Balbi Partido Demócrata 1 Emilio Castelar Radicais monárquicos 1 Mariano Rius Independentes 7

Cortes constituíntes O 15 de febreiro reuníronse as Cortes Constituíntes coa misión de redactar e aprobar a Constitución española de 1876.

Deputados por Galicia

miniatura|200px|José Elduayen foi deputado por Pontevedra. Os deputados que obtiveron un escano no Congreso polos distritos galegos nestas eleccións foron:Os distritos aparecen englobados dentro da provincia correspondente A Coruña Manuel Batanero Montenegro Joaquín Botana Míguez Domingo Caramés García Daniel Carballo Cousido Alejandro de Castro Casal Santiago Durán y Lira Aquilino Herce y Coumes Gay Benito María Hermida Verea Aureliano Linares Rivas Gerardo Neira Flórez Rafael Antonio Orense Nicasio Pérez López Antonio Romero Ortiz Eliseo Sanchiz Basadre Ramón Sanjurjo Pardiñas Villardefrancos Paulino Souto y Sánchez Adolfo Torrado y Ozores Juan José Viñas Balduvieco

Lugo Bartolomé Basanta Miranda Mariano Cancio Villaamil José de Cárdenas Uriarte Miguel García Camba Matías López López Cándido Martínez Montenegro Enrique Pérez Hernández Manuel Quiroga Vázquez Manuel Rodríguez Castro Antonio Salgado López Augusto Ulloa y Castañón Manuel Vázquez de Parga Somoza y Pallares

Ourense Nicanor Alvarado y Casanova de Sotomayor Saturnino Álvarez Bugallal Gabriel José Anduaga Antonio Cantero Seirullo Ángel Escobar y Campo Adolfo Merelles Caula Antonio Navarro y Rodrigo Joaquín Rodríguez Gayoso José de Torres Valderrama Joaquín Vázquez de Puga y Torres

Pontevedra Antonio Aguilar y Correa Ricardo Alzugaray Yangüas Francisco Javier Boguerín Acedillo José Elduayén Gorriti Raimundo Fernández Villaverde y García Rivero Juan Francisco Fontán Rodríguez Emilio Gutiérrez de la Cámara Joaquín Martínez Montenegro Pedro Juan Muchada Escolástico de la Parra y Aguilar Eduardo Pelletán Cayetano Sánchez Bustillo Rafael Serrano Alcázar

Notas

Véxase tamén Restauración borbónica en España Constitución española de 1876 Afonso XII

1876 Categoría:1876