As eleccións xerais de España de 1923 foron convocadas para o 29 de abril de 1923 e celebradas baixo o sufraxio universal masculino.

Foron as derradeiras eleccións a Cortes Xerais convocadas na Restauración borbónica e, polo tanto, dentro do sistema de quendas de partidos dinásticos implantado coa Constitución española de 1876, carta magna que sería suspendida en setembro dese mesmo ano polo golpe de Estado de Miguel Primo de Rivera. Quen ostentaba o cargo de presidente do Goberno ata a data das eleccións foi Manuel García Prieto.

As eleccións estiveron marcadas pola debilidade extrema do sistema político e a gran conflitividade social debido á guerra do Rif e os disturbios en Barcelona. O Partido Conservador estaba sumido nunha profunda crise de liderado desde o asasinato de Eduardo Dato, mentres o Partido Liberal presentábase moi dividido en diferentes faccións.

A maioría liberal permitiu que os principais líderes liberal-progresistas ocupasen as principais maxistraturas do Estado. Melquíades Álvarez foi nomeado presidente do Congreso dos Deputados e Álvaro de Figueroa Torres-Mendieta foi o presidente do Senado. O xefe do goberno foi Manuel García Prieto, elixido co apoio do Partido Liberal e do Partido Reformista.

Ambas cámaras foron disoltas pola ditadura de Primo de Rivera cinco meses despois, o 13 de setembro de 1923.

Composición do Congreso ← Eleccións Xerais en España, 29 de abril de 1923 → Partido Escanos Líder Partido Liberal 182 Manuel García Prieto Liberal-demócratas 87 Manuel García Prieto Liberais 47 Álvaro de Figueroa y Torres Esquerda liberal 25 Santiago Alba Bonifaz Liberais agrarios 10 Rafael Gasset Chinchilla Liberais nicetistas 6 Niceto Alcalá-Zamora Liberais independentes 7 Partido Conservador 125 José Sánchez Guerra y Martínez Conservadores 90 José Sánchez Guerra y Martínez Conservadores ciervistas 15 Juan de la Cierva Peñafiel Conservadores mauristas 10 Antonio Maura Conservadores datistas 5 Conservadores independentes 5 Lliga Regionalista 20 Francesc Cambó Partido Reformista 18 Melquíades Álvarez Partido Socialista Obreiro Español 7 Pablo Iglesias Posse Partido Republicano Radical 5 Alejandro Lerroux Partido Nacionalista Vasco 1 Manuel Aranzadi Irujo Acción Católica 1 Luís García Guijarro Agrarios 1 Cándido Casanueva Gorjón Carlistas e Integristas 1 Republicanos diversos 13 Lluís Companys Joaquim Pi i Arsuaga Francesc Macià Demócratas 3 Outros, independentes ou indefinidos 29 Vacantes 31 Total 437

Resultados en Galicia Galicia contaba en 1923 con 45 deputados repartidos do seguinte xeito: A Coruña (14 deputados) miniatura|150px|Juan Armada Losada. Distrito 1, Santa Marta de Ortigueira: Carlos Albert Despujols, demócrata, proclamado sen elección. Distrito 2, Ferrol: Ángel García Valerio, demócrata, proclamado sen elección. Distrito 3, Pontedeume: Julio Wais y San Martín, conservador, proclamado sen elección. Distrito 4, Betanzos: José Sánchez Anido, Vizconde de San Antonio, demócrata, proclamado sen elección. Distritos 5, 6 e 7, A Coruña, circuscripción plurinominal: Juan Armada Losada, Marqués de Figueiroa, maurista, proclamado sen elección. Alonso Gullón y García Prieto, demócrata, proclamado sen elección. José del Moral Sanjurjo, conservador. Distrito 8, Corcubión: Benito Blanco Rajoy y Espada, conservador, proclamado sen elección. Distrito 9, Muros: José Reino Caamaño, demócrata, acta anulada. Distrito 10, Santiago de Compostela: Vicente Calderón Montero-Ríos, Conde de San Juan, demócrata. Distrito 11, Ordes: Alfonso Senra Bernárdez, liberal agrario. Distrito 12, Noia: Ricardo Gasset Alzugaray, liberal agrario. Distrito 13, Padrón: Antonio Rodríguez Pérez, liberal agrario. Distrito 14, Arzúa: Generoso Martín-Toledano y Fernández, liberal agrario.

Pontevedra (11 deputados) miniatura|200px|Rafael Gasset Chinchilla. Distrito 15, A Estrada: Vicente Riestra Calderón, demócrata. Distrito 16, Caldas de Reis: Bernardo Mateo-Sagasta, demócrata, proclamación sen elección. Distrito 17, Cambados: Wenceslao González Garra, conservador, proclamación sen elección. Distrito 18, Ponte Caldelas: Raimundo Fernández-Villaverde Roca de Togores, conservador. Distrito 19, Lalín: Manuel Sáinz de Vicuña, demócrata, proclamación sen elección. Distrito 20, Pontevedra: Eduardo Vincenti Reguera, romanonista. Distrito 21, Vigo: Rafael Gasset Chinchilla, liberal. Elixido tamén por Alcázar de San Juan (provincia de Cidade Real). Distrito 22, Redondela: Luis Zulueta Escolano, reformista, proclamación sen elección. Distrito 23, A Caniza: Alejandro Mon Landa, conservador, proclamación sen elección. Distrito 25, Ponteareas: Manuel Fernández Barrón, conservador, proclamación sen elección.

Lugo (11 deputados) Distrito 26, Viveiro: José Soto Reguera, Distrito 27, Mondoñedo: Felipe Lazcano Morales de Setién, ciervista, elección anulada. Distrito 28, Ribadeo: Ramón Bustelo González, romanonista, proclamado sen elección. Distritos 29, 30 y 31 Lugo, circunscrición plurinominal: Gerardo Doval y Rodríguez Formoso, romanonista, proclamado sen elección. Joaquín Quiroga Espín, liberal independente, proclamado sen elección. Luis Rodríguez de Viguri, conservador, proclamado sen elección. Distrito 32, A Fonsagrada: Manuel Portela Valladares, demócrata, proclamado sen elección. Distrito 33, Becerreá: Joaquín Caro del Arroyo, Conde de Peña Ramiro, conservador. Distrito 34, Chantada: Carlos Casas Couto, demócrata, proclamado sen elección. Distrito 35, Monforte: Carlos González Besada y Giráldez, conservador. Distrito 36, Quiroga: José Lladó Vallés, romanonista, proclamado sen elección.

Ourense (9 deputados) Distrito 37, O Carballiño: Leopoldo García Durán, conservador. Distrito 38, Ribadavia: José Estévez Carrera, conservador. Distrito 39, Ourense: Antonio Taboada Tundidor, conservador. Distrito 40, A Pobra de Trives: Prudencio Rovira Pita. Distrito 41, Valdeorras: Francisco Barber Sánchez, demócrata. Distrito 42, Celanova: Roberto Pardo Ocampo, conservador. Nulidade da elección. Distrito 43, Bande: Gabino Bugallal Araujo, conde de Bugallal, conservador. Distrito 44, Xinzo de Limia: Luis Usera Bugallal, conservador. Distrito 45, Verín: Luis Espada Guntín, conservador.

Véxase tamén Afonso XIII de España Miguel Primo de Rivera

1923 Categoría:1923