O Ciclo do Ulster (en irlandés an Rúraíocht), coñecido anteriormente como Ciclo da rama vermella, é un gran conxunto de escritos en prosa e verso centrados nos heroes tradicionais dos Ulaid, os poboadores do leste da provincia irlandesa moderna do Ulster, que toma o seu nome deles. Este é un de catro grandes ciclos da mitoloxía irlandesa, xuntamente co Ciclo mitolóxico, o Ciclo feniano e o Ciclo histórico.
O ciclo explica a historia do reino de Conchobar mac Nessa, rei do Ulster disque contemporáneo con Xesús Cristo. O seu mandato estendíase desde Emain Macha (a actual Navan Fort preto de Armagh), e era un forte rival da raíña Medb e o rei Ailill de Connacht e do seu aliado, Fergus mac Róich, anterior rei do Ulster. O heroe principal do ciclo é o sobriño de Conchobar, Cúchulainn.
A sociedade descrita nos contos do Ciclo do Ulster parece en gran parte á Idade precristiá do Ferro (aínda que vista a través da óptica dos seus redactores cristiáns medievais) e contén numerosos paralelismos coa sociedade celta europea, tal e como a describen os autores clásicos. Os guerreiros loitan desde carros, toman como trofeo as cabezas dos seus rivais, compiten polas preferencias nas festas, déixanse aconsellar por druídas e loitan corpo a corpo nos vaos dos ríos. Aos poetas atribúenselles grandes poderes e privilexios e a riqueza contabilízase polo gando.
O ciclo consiste en aproximadamente oitenta historias, cuxo centro é a de Táin Bó Cúailnge, ou o Roubo de Gando de Cooley, na que Medb, encabezando un exército enorme, invade o Ulster para roubar o Touro Pardo de Cooley, atopándose con Cúchulainn como única oposición. Personaxes Principais Conchobar mac Nessa (tamén Conor mac Nessa), rei do Ulster. Cúchulainn, heroe do Ulster. Deirdre, heroína tráxica. Medb, raíña de Connacht e inimiga de Conchobar. Ailill mac Máta, rei de Connacht. Fergus mac Róich, anterior rei do Ulster, que se exilia en Connacht. Mórrígan, deusa da guerra e da morte. Lugh, deus do sol. Importantes
Secundarios
Textos
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Thomas Kinsella (1969), The Táin, Oxford University Press. Jeffrey Gantz (1981), Early Irish Myths and Sagas, Penguin. Tom Peete Cross & Clark Harris Slover (1936), Ancient Irish Tales, Barnes & Noble. John T Koch & John Carey (2000), The Celtic Heroic Age, Celtic Studies Publications. Kuno Meyer (1906), The Death-Tales of the Ulster Heroes, Dublin Institute for Advances Studies. A H Leahy, Heroic Romances of Ireland (1905-1906), .
Ligazóns externas Mitos atemporais: o Ciclo de Ulster . Contos en liña do Ciclo de Ulster en CELT.
Categoría:Ciclo do Ulster