A AG-13 ou Vía Ártabra é unha autovía dependente da Xunta de Galicia. Dálle continuidade á VG-1.3 desde o km 6 até a N-VI, xusto nos lindeiros entre as parroquias de Soñeiro (Sada) e Iñás (Oleiros). Está previsto que no futuro ligue coa AP-9 e teña unha conexión directa co polígono industrial do Espírito Santo.
Inaugurouse en 2013 canda a VG-1.3 e boa parte da AC-527 e a súa construción custou 71 millóns de euros. Dáse a particularidade de que os fitos quilométricos sinalan a mesma orixe cá da VG-1.3, en Veigue, non a partir do desdobramento que se produce no punto onde ha confluír co futuro acceso a Sada.
En 2010 a Xunta de Galicia tomou a decisión de suprimir a continuación deste corredor de alta capacidade até a A-6, inicialmente prevista, por motivos económicos. Porén en 2017, desde a Axencia Galega de Infraestruturas, volvían deixar aberta a posibilidade dunha futura conexión coa autovía do Noroeste.
Notas
Categoría:Estradas de Galicia sen imaxes Categoría:Autovías autonómicas de Galicia Categoría:Vía Ártabra Categoría:Estradas da provincia da Coruña