Pablo Gabriel García Pérez, nado o 11 de maio de 1977 en Pando, Uruguai, é un futbolista que xoga na demarcación de mediocentro defensivo.

Traxectoria Comezou a xogar no Montevideo Wanderers FC e tras un breve paso polo CA Peñarol fichou polo Atlético de Madrid, xogando no seu segundo equipo. O equipo madrileño cedeuno ao AC Milan e posteriormente ao FBC Unione Venezia. No verán de 2002 ficha polo CA Osasuna, baixo as ordes de Javier Aguirre. No club navarro pasaría os mellores anos da súa carreira, ese bo papel faría que o Real Madrid se fixase nel, fichándoo no ano 2005.

No Real Madrid nunca chegou a convencer os técnicos polo que ao ano seguinte é cedido ao Celta de Vigo, que buscaba reforzarse de cara ao seu retorno a Copa da UEFA, porén as lesións non lle permitiron ter continuidade e o seu paso polo Celta sería testemuñal, a tempada remataría co descenso do equipo a Segunda División

Ao ano seguinte foi cedido de novo ao Real Murcia, onde ofreceu un mellor rendemento pero sen chegar ao nivel demostrado en Pamplona. O 10 de xullo de 2008 remata o contrato co Real Madrid, cando fichou polo PAOK Tesalónica FC. No 2013 fichou polo AC Skoda Xanthi.

Notas

Categoría:Nados en 1977 Categoría:Futbolistas do Uruguai Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Montevideo Wanderers FC Categoría:Xogadores do CA Peñarol Categoría:Xogadores do Atlético de Madrid B Categoría:Xogadores do Real Valladolid Categoría:Xogadores do Atlético de Madrid Categoría:Xogadores do AC Milan Categoría:Xogadores do FBC Unione Venezia Categoría:Xogadores do CA Osasuna Categoría:Xogadores do Real Madrid CF Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Real Murcia Categoría:Xogadores do PAOK Tesalónica FC Categoría:Xogadores do Skoda Xanthi FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol do Uruguai Categoría:Nados no departamento de Canelones Categoría:Xogadores do Celta de Vigo internacionais coa selección de fútbol do Uruguai