Benito Gallego Montero, nado en Ribadavia en 1900 e finado en Ourense o 9 de febreiro de 1937, foi un político galego, alcalde de Ribadavia ao final da Segunda República Española.
Traxectoria Dedicábase a prestar diñeiro, converteuse en comisionista. Tamén fixo diñeiro dedicándose ao xogo. Formou parte do Comité Republicano de Ribadavia (1930). Na República foi elixido concelleiro en Ribadavia en 1931 e en 1933 actuou como alcalde. Foi destituído logo da revolución de Asturias. Militante de Izquierda Republicana. Coa vitoria da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936 foi nomeado alcalde de Ribadavia a principios de marzo.
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 trasladouse a Ourense, onde foi detido o 20 de xullo no edificio do Goberno civil. Pasou pola prisión de Celanova. Ingresou na Prisión Provincial de Ourense o 10 de agosto.Libro rexistro de filiacións de reclusos de novo ingreso dos anos 1936 a 1937, 864 Xulgado en Ourense por rebelión militar, foi condenado a pena de morte e executado no Campo de Aragón xunto cos veciños de Ribadavia Celso González Rodríguez, Andrés Centrón Rodríguez e Fidel Blanco Leboso o 9 de febreiro de 1937. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas.BOE, 13-3-1943, p. 985.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas La historia de Benito Expediente persoal do recluso Benito Gallego Montero Dilixencias incautatorias instruídas no partido xudicial de Ribadavia.
Categoría:Alcaldes de Ribadavia Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Alcaldes de Galicia por Izquierda Republicana Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en 1900 Categoría:Finados en 1937 Categoría:Nados en Ribadavia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos