José Meixengo Pereira, nado en Castrelo de Miño en 1909 e finado en Vigo o 2 de xaneiro de 2000, foi un médico e político galego.
Traxectoria Médico na Arnoia. Coa vitoria da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936 foi nomeado alcalde da Arnoia a principios de marzo. Logo da sublevación do 18 de xullo foi detido na Caniza e posto tempo despois en liberdade ao non se formular ningún cargo contra el. Posteriormente foi novamente detido e encarcerado no Mosteiro de Celanova. Xulgado en Ourense en Consello de Guerra por rebelión militar, foi absolto. Conseguiu zafarse das sacas nocturnas que periodicamente realizaban os falanxistas no convento-cárcere celanovés. Permaneceu alí durante uns meses e entrou en contacto co daquela sacerdote Fernando Quiroga Palacios. En 1937 foi trasladado ao Mosteiro de Santa María de Oseira que funcionaba como prisión. Foi chamado a filas e despois de cumprir o servizo militar conseguiu destino como médico na zona de Celanova e Verea onde exerceu ata pouco antes da xubilación. Trasladouse a Redondela en 1971 onde se xubilou como médico en 1974. Residiu en Vigo onde a agrupación socialista da cidade tratou de convencelo para encabezar a candidatura ao concello nas primeiras eleccións democráticas. Meixengo non aceptou por motivos de idade.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Ficha en Nomes e Voces
Categoría:Médicos de Castrelo de Miño Categoría:Alcaldes da Arnoia Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Nados en Castrelo de Miño Categoría:Nados en 1909 Categoría:Finados en 2000 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes