San Miguel de Biobra é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Rubiá. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 65 habitantes (36 homes e 29 mulleres), distribuídos en 1 entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 89 habitantes.

Xeografía A parroquia está situada á beira da estrada N-120. Biobra forma parte do parque natural da Serra da Enciña da Lastra. Na parte alta da aldea está situado o seu Centro de Interpretación, desde onde parten interesantes rutas sinalizadas para andar. Pola parroquia pasa unha variante da vía de inverno do Camiño de SantiagoEtapa 2: variante Quereño - Tremiñá , na web Camino de Invierno ..

Patrimonio Na igrexa parroquial hai un retablo con talle policromado. Ten unha figura da Virxe do Rosario e un sagrario coa Verónica na porta obra de Gregorio Español, ao igual có que fixo en Tejados (Valderrey, provincia de León). O retablo ten tamén dúas virtudes -a fe e a esperanza- na predela, similar á da parroquia de Correxais (Vilamartín de Valdeorras), feito por Jerónimo de Salazar a comezos do século XVIIIgrexa de Biobra , ficha en Turismo de Galicia..

O Boletín Oficial de Minas recolle un rexistro mineiro para unha explotación de antimonio en Ferradal e Teso, realizado por J. de D. Acevedo en abril de 1844, na mina de Reservada. En 1890 unha compañía alemá fixo unha cata para extraer antimonio, mais o proxecto non foi adiante. En 1891 retomouse a escavación na mina Pardo, propiedade do madrileño D. M. Hervella, da que sacou uns 10 000 kg deste semimetal. En 1894 F. Navarro recolle nos Anales da Sociedade Española de Historia Natural a presenza de catorce mostras de estibina de Biobra na colección do Museo de Ciencias Naturais (2000): Da prerromanización ao wolfram: apuntamentos históricos das explotacións mineiras en Valdeorras. Tórculo Edicións..

Na parroquia está a adega Bacelos de Biobra, única con produción ecolóxica da Denominación de Orixe Valdeorras“O viño fano a natureza, a cepa e o lugar. A nós tócanos non equivocarnos” , reportaxe en Campo Galego, 31 de agosto de 2016..

Galería de imaxes

Notas

Lugares e parroquias Lugares de Biobra

Parroquias de Rubiá

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Rubiá

Categoría:Parroquias de Rubiá Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Miguel