miniatura|dereita|A raíña rexente María Cristina co seu fillo o rei Afonso XIII. As eleccións xerais do 1 de febreiro de 1891 en España foron convocadas na minoría de idade de Afonso XIII, sendo rexente a súa nai María Cristina de Habsburgo-Lorena. A súa base legal foi a Constitución española de 1876, vixente ata 1931, na coñecida como Restauración borbónica en España.

Antecedentes En base ao Pacto do Pardo do 24 de novembro de 1885 queda instituído o sistema de quendas pacíficas en exercicio do poder entre liberais e conservadores, que consolidou a Restauración ata finais do século XIX e principios do XX.

O 12 de xullo de 1887 o goberno Sagasta promulgou a Lei de Asociacións, que desenvolvía este dereito constitucional, un dos obxectivos do programa liberal-fusionista.

O 23 de maio de 1889 deron comezo, no medio dun grande escándalo parlamentario, as discusións sobre o proxecto de sufraxio universal. Por fin o 26 de xuño de 1890 o goberno liberal-fusionista reimplanta oficialmente o sufraxio universal na lexislación electoral.

O 3 de xullo cae o goberno liberal-fusionista. O 5 de xullo fórmase o gabinete conservador presidido por Cánovas del Castillo. O 29 de decembro quedan disoltas as Cortes convocándose eleccións.

Características O 29 de decembro de 1890 seguindo o proceso de normalización conforme ao pactado entre as principais forzas políticas, procedeuse á disolución das Cámaras e á convocatoria de eleccións lexislativas.

O número de votantes para estas eleccións era de 4 805 000 varóns maiores de 25 anos de idade (sufraxio universal masculino). Elixíronse 399 deputados o día 1 de febreiro de 1891.

Composición do Congreso dos Deputados tralas eleccións ← Eleccións xerais en España, 1 de febreiro de 1891 → Partido Escanos Líder Partido Liberal-Conservador 251 Antonio Cánovas del Castillo Partido Liberal 96 Práxedes Mateo Sagasta Partido Republicano Progresista 11 Manuel Ruiz Zorrilla Partido Liberal Reformista 11 Francisco Romero Robledo Progresistas democráticos 7 Cristino Martos Balbi Partido Demócrata Posibilista 7 Emilio Castelar Comuñón Tradicionalista 5 Marqués de Cerralbo Partido Republicano Democrático Federal 4 Francesc Pi i Margall Partido Republicano Centralista 3 Nicolás Salmerón Partido Integrista 2 Ramón Nocedal y Romea Republicano independente 1 Tradicionalista independente 1 Joan Dessy i Pons

Resultados en Galicia A Coruña miniatura|150px|Antonio del Moral Juan Armada Losada Benito Calderón Ozores Juan Fernández Latorre Benito María Hermida y Verea Manuel Linares Astray Aureliano Linares Rivas Álvaro López Mora Emilio Luanco y Gabiot Antonio del Moral y López Juan Nido Segalerva Javier Ozores Losada Pedro Pais Lapido Paulino Souto y Sánchez Eduardo de Torres Taboada

Lugo 150px|miniatura|Guillermo de Osma y Scull Benigno Álvarez Bugallal Manuel Becerra Bermúdez Fernando Cos Gayón y Pons Maximiliano Linares Rivas Cándido Martínez Montenegro Juan Menéndez Pidal Guillermo Joaquín de Osma y Scull Pegerto Pardo Balmonte y Gil Benigno Quiroga López Ballesteros Vicente Quiroga Vázquez Ramón Rebellón Zubiri Germán Vázquez de Parga y de la Riva

Ourense 150px|miniatura|Estatua de Gabino Bugallal en Ponteareas. Nicanor Alvarado y Casanova de Sotomayor Gabino Bugallal Araujo Senén Canido y Pardo Manuel Cano y Cueto Luis Espada Guntín José Figueroa y Torres Baltasar Losada y Torres Vicente Pérez y Pérez Manuel Quiroga Vázquez Carlos Sedano y Cruzat Francisco Javier Ugarte y Pagés

Pontevedra miniatura|150px|Alfonso Osorio de Moscoso Antonio Aguilar y Correa Luis Díaz Cobeña Gumersindo Díaz Cordovés y Goméz Ángel Elduayen y Mathet Raimundo Fernández Villaverde Juan Francisco Fontán Rodríguez Alejandro González Olivares Antuñano Alejandro Mon y Landa Ezequiel Ordóñez González Alfonso Osorio de Moscoso Eduardo Vincenti Reguera

Véxase tamén Outros artigos Cánovas del Castillo Afonso XIII de España

Ligazóns externas Resultados das eleccións. Deputados electos.

1891 Categoría:1891