Sergio Rodríguez Hurtado, coñecido habitualmente como Sergio Rodríguez, nado o 6 de setembro de 1992 en Sevilla, é un futbolista profesional español da canteira do Real Betis, que xoga como mediapunta ou extremo no club sevillano.

Traxectoria Nado en Sevilla, formouse nas categorías inferiores do Real Betis, xogando como futbolísta polivalente en moitas das posicións do xogo. Como futbolísta do equipo xuvenil, durante a tempada 2010-2011 foi chamado por Pepe Mel para xogar co primeiro equipo na Segunda División, xogando varios partidos. Nos anos seguintes alternou o Betis B da Segunda División B co primeiro equipo da Primeira División. Considerado unha das perlas da canteira do conxunto sevillano, no verán de 2012-13 foi tanteado tanto polo Real Madrid como polo Fútbol Club Barcelona cara ao 2014.El Barça se adelanta al Madrid por el bético Sergio Rodríguez

Clubs ClubCategoríaAnoPXGolesReal BetisSegunda2010-201120Real Betis BSegunda B2011-20122310Real BetisPrimeira2011-201230Real Betis BSegunda B2012-2013191Real BetisPrimeira2012-201310CD LugoSegunda2013-2014111

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en Transfermarkt Datos do xogador en Betisweb

Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados en Sevilla Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Real Betis Balompié Categoría:Xogadores do Real Betis Balompié B Categoría:Xogadores do CD Lugo