FlensburgoPor exemplo en (en ; en ; en ) é unha cidade independente no norte Alemaña do estado federado de Schleswig-Holstein.

Flensburgo é a principal vila da rexión da Baixa Schleswig. Despois de Kiel e Lübeck Flensburg é a terceira maior cidade do estado e tamén é a vila máis ó norte de Alemaña. As cidades máis próximas son Kiel (86 km ó sur) e Odense en Dinamarca (92 km ó nordeste). A vila de Flensburg sitúase a só 7 quilómetros da fronteira danesa.

En maio de 1945 Flensburgo foi a derradeira praza alemá en ser liberada do dominio Nazi.

Flensburgo é coñecida en Alemaña por: Ser sede da oficina onde se xestionan as infraccións de tráfico (Kraftfahrt-Bundesamt) A súa cervexa Flensburger Pilsener, tamén chamada "Flens" O centro neurálxico da minoría danesa de Alemaña O saúdo Moin Grandes compañías de material erótico. O seu equipo de balonmán SG Flensburg-Handewitt Ser a sede da escola naval de Mürwik e tamén do buque-escola Gorch Fock Linguas Flensburgo foi unha cidade multilingüe case desde o seu comezo, fundada no século XIII por daneses que falaban sønderjysk axiña viu como aparecían comerciantes alemás de lingua baixo alemá, durante o século XIV mantívose o dialecto danés como fala principal principal mentres que a partir do século seguinte foi o baixo alemán o que pasou a ser o idioma máis falado. Coa Reforma protestante chegou a influencia da versión estándar do alto alemán a Flensburgo. Na época contemporánea o que predomina na cidade é unha variedade do alemán estándar moi influída no acento e na entoación polo baixo alemán orixinario da zona no que os dinamarquismos teñen gran peso. O danés mantense como materia nas escolas da cidade ofrecido como segunda ou terceira lingua estranxeira e como lingua de instrución nas escolas da minoría danesa xeneralizándose o padrón dinamarqués entre os membros da minoría danesa da localidade pero nunha variedade influída polo alemán e o baixo alemán coñecida como sydslesvigdansk no que se percibe un substrato do sønderjysk. Tradicionalmente a cidade foi un dos principais focos de emigración dos falantes de frisón setentrional pero son moi poucos os que conservan a lingua. O petuh é unha lingua híbrida que se orixinou no século XIX e que unía elementos do alemán e o danés estándar, e do baixo alemán e o sønderjysk e que aínda que está case extinguido, conserva algunha das súas expresións na fala local.

Lugares de interese Altstadt (Cidade Vella) Igrexa de St. Nikolai St. Marien Nordertor (Porta do norte) Neustadt (Cidade nova) Akakistan Fiorde de Flensburgo

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Web oficial de Flensburgo Oficina de turismo Flensburg online Xornal de Flensburgo en lingua danesa Xornal de Flensburg en lingua alemá Museumsberg Flensburg

Categoría:Cidades de Schleswig-Holstein