O Consello británico-irlandés (en inglés British–Irish Council, BIC) é unha Organización InternacionalJesse, Neal G., Williams, Kristen P. (2005): Identity and institutions: conflict reduction in divided societies. SUNY Press, p. 107. ISBN 0-7914-6451-2 creada baixo o Acordo de Belfast de 1998. Os seus membros comprenden: Os dous gobernos soberanos da República de Irlanda e o Reino Unido. As tres administracións devoltas de Irlanda do Norte, Escocia e Gales. As Dependencia da Coroa británica de Guernsey, Illa de Man e Jersey.
O consello foi formalmente establecido cando o acordo británico-irlandés foi asinado o 2 de decembro de 1999. O seu obxectivo principal é "promover a harmonía e o mutuo beneficio da totalidade dos pobos das illas". O consello ten un secretariado, localizado en Edimburgo, Escocia, e realízanse reunións en sesións semestrais e en encontros ministeriais. "Scottish government website"
Nome do consello Inicialmente, suxeríronse como nomes do consello Consello das Illas Británicas ou Consello das Illas. Porén, tendo en conta a sensibilidade arredor do termo Illas Británicas, particularmente en Irlanda, aceptouse o nome Consello británico-irlandés.
O nome oficial do consello tamén é empregado nas linguas dos distintos membros:
Irlandés: Comhairle na Breataine-na hÉireann1/1999: AN tACHT UM CHOMHAONTÚ NA BREATAINE-NA hÉIREANN, 1999 Guernésiais: Conseil Britannique-Irlàndais Jèrriais: Conseil Britannique-Irlandais Manx: Coonceil Ghoaldagh-Yernagh Gaélico escocés: Comhairle Bhreatainn-Èirinn Escocés: Brits-Airis Cooncil galés: Cyngor Prydain-Iwerddon
Membros Administración Foto Representante Título Guernsey Peter Harwood Ministro xefe Illa de Man 60px Allan Bell Ministro xefe Irlanda 60px Enda Kenny Taoiseach Jersey 60px Senador Ian Gorst Ministro xefeIrlanda do Norte 60px Peter Robinson Primeiro Ministro 60px Martin McGuinness Primeiro Ministro deputado Escocia 60px Alex Salmond Primeiro Ministro Reino Unido 60px David Cameron Primeiro Ministro Gales 60px Carwyn Jones Primeiro Ministro
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina do Consello
Categoría:Organizacións internacionais Categoría:Política de Escocia Categoría:Política do Reino Unido Categoría:Política de Irlanda