Praderrei é un lugar da parroquia do Campo, no concello pontevedrés do Campo Lameiro na Comarca de Pontevedra. No ano 2009 tiña unha poboación de 122 habitantes, 58 homes e 64 mulleres segundo datos do Instituto Nacional de Estadística.
No lugar de Praderrei atópase o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre (PAAR) do Campo Lameiro, mostra do enorme patrimonio arqueolóxico que gardan os seus montes. O edificio principal do PAAR levantouse sobre o antigo campo de fútbol do lugar. O centro arqueolóxico abriu as súas portas o 6 de xullo do 2011.
Lugares e parroquias Lugares do Campo
Parroquias do Campo Lameiro
Categoría:Lugares do Campo Lameiro