miniatura|Bandeira da Federación Internacional de Deportes Universitarios. Os Xogos Universitarios ou Universíadas son os eventos deportivos internacionais que reúnen aos atletas universitarios de todo o planeta. As Universíadas son organizadas pola Federación Internacional de Deportes Universitarios (FISU). A palabra "Universíada" provén da combinación das palabras "Universidade" e "Olimpiadas", tamén se utilizan termos máis correctos como Xogos Mundiais Universitarios ou Xogos Mundiais de Estudantes, aínda que actualmente o seu uso é frecuente en competicións estudantís non universitarias.
Os deportes que se practican nos Xogos Universitarios de verán son: fútbol, cravados, atletismo, baloncesto, ximnasia, esgrima, judo, loita, tiro, wáter-polo, taekwondo, tenis, voleibol, vela e natación. Pola súa banda, nas Universíadas de Inverno practícanse: esquí alpino, cross-country, salto en esquí, combinado nórdico, bíatlon, snowboard, curling, patinaxe artística, patinaxe de velocidade e hóckey sobre xeo.
Xogos Mundiais de Estudantes (Pre-Universíadas)
Un "Campionato Internacional de Universidades" celebrouse por vez primeira en 1923 promovido pola Union Nationale des Étudiants de France (UNEF). Os Xogos Mundiais de Estudantes de Verán empezaron a celebrarse oficialmente a partir de 1924 e eran organizados pola Confédération Internationale des Étudiants (CIE), en 1930 foron renomeados e pasaron a denominarse Xogos Universitarios Internacionais. En 1949 decidiuse que se celebrarían cada dous anos co nome de Semana Universitaria Internacioanal de Deportes de Verán, organizado pola Fédération Internationale du Sport Universitaire (FISU), empezaron a chamarse Xogos Mundiais de Estudantes a partir de 1957. O termo Universíadas foi utilizado por primeira vez nos xogos de Turín 1959.
Xogos Mundiais de Estudantes (UIE) Os primeiros Xogos Mundiais de Estudantes oficiais celebráronse en 1924 e foron organizados pola Fédération Internationale du Sport Universitaire (FISU) desde 1949. Un evento alternativo foi organizado pola Union Internationale des Étudiants (UIE) desde 1947 ata 1962, incluíndo uns xogos non oficiais en 1954.
Universíadas Ano Edición Universíadas de verán Edición Universíadas de inverno 1959 I Universíada Turín, Italia — 1960 — I Universíada Chamonix, Francia 1961 II Universíada Sofía, Bulgaria — 1962 — II Universíada Villars, Suíza 1963 III Universíada Porto Alegre, Brasil — 1964 — III Universíada Špindlerův Mlýn, Checoslovaquia 1965 IV Universíada Budapest, Hungría — 1966 — IV Universíada Sestriere, Italia 1967 V Universíada Tokyo, Xapón — 1968 — V Universíada Innsbruck, Austria 1970 VI Universíada Turín, Italia VI Universíada Rovaniemi, Finlandia 1972 — VII Universíada Lake Placid, Estados Unidos 1973 VII Universíada Moscova, Unión Soviética — 1975 VIII Universíada Roma, Italia VIII Universíada , Livigno, Italia 1977 IX Universíada Sofía, Bulgaria — 1978 — IX Universíada Špindlerův Mlýn, Checoslovaquia 1979 X Universíada Cidade de México, México — 1981 XI Universíada Bucarest, Romanía X Universíada Jaca, España 1983 XII Universíada Edmonton, Canadá XI Universíada Sofía, Bulgaria 1985 XIII Universíada Kōbe, Xapón XII Universíada Belluno, Italia 1987 XIV Universíada Zagreb, Iugoslavia XIII Universíada Štrbské Pleso, Checoslovaquia 1989 XV Universíada Duisburg, Alemaña Federal XIV Universíada Sofía, Bulgaria 1991 XVI Universíada Sheffield, Reino Unido XV Universíada Sapporo, Xapón 1993 XVII Universíada Buffalo, Estados Unidos XVI Universíada Zakopane, Polonia 1995 XVIII Universíada Fukuoka, Xapón XVII Universíada Jaca, España 1997 XIX Universíada Sicilia, Italia XVIII Universíada Muju, Corea do Sur 1999 XX Universíada Palma de Mallorca, España XIX Universíada Poprad Tatry, Eslovaquia 2001 XXI Universíada Pequín, China XX Universíada Zakopane, Polonia 2003 XXII Universíada Daegu, Corea do Sur XXI Universíada Tarvisio, Italia 2005 XXIII Universíada Esmirna, Turquía XXII Universíada Innsbruck, Austria 2007 XXIV Universíada Bangkok, Tailandia XXIII Universíada Turín, Italia 2009 XXV Universíada Belgrado, Serbia XXIV Universíada Harbin, China 2011 XXVI Universíada Shenzhen, China XXV Universíada Erzurum, Turquía 2013 XXVII Universíada Kazán, Rusia XXVI Universíada Trentino, Italia 2015 XXVIII Universíada Gwangju, Corea do Sur XXVII Universíada Granada, España 2017 XXIX Universíada 20px Taipei, Taiwán XXVIII Universíada Almaty, Kazakhstán 2019 XXX Universíada Brasilia, Brasil XXIX Universíada Krasnojarsk, Rusia
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio oficial da Federación Internacional de Deportes Universitarios Sitio de Erzurum 2011 Sitio de Kazan 2013 Sitio de Trentino 2013 Sitio de Granada 2015
Categoría:Competicións multideportivas Categoría:Universidades