Álvaro Patricio Cunqueiro Mora (máis coñecido simplemente como Álvaro Cunqueiro) nado en Mondoñedo o 22 de decembro de 1911 e finado en Vigo o 28 de febreiro de 1981, foi un novelista, poeta, dramaturgo, xornalista e gastrónomo galego, considerado un dos grandes autores da literatura galega e da literatura española do século XX. Foi director do xornal Faro de Vigo. Ingresou na Real Academia Galega en 1963. Foi nomeado fillo predilecto de Mondoñedo en 1965. Investírono doutor honoris causa pola Universidade de Santiago de Compostela en 1980 e recibiu o Pedrón de Ouro no mesmo ano. Tamén en 1980 apareceu o I volume da súa Obra completa, e postumamente os volumes II (1982) e III (1983). En 1991 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Ao longo da súa vida chegou a usar os seguintes pseudónimos: Al Farish ibn Iaquim Al Galizi, Álvaro Labrada, Ariel García, Benito Moirón, Carlos Sobrado, Cristóbal Xordán, M. Mª Seoane, Manuel da Fonte, Mark Tapley, Patricio Mindonio, Patricio Mor, X. Berenguer, Xusto Cabarcos e Filón o Mozo.

Traxectoria O seu pai era Joaquín Cunqueiro Montenegro, nado en Cambados, de profesión boticario, e a nai Josefa (Pepita) Mora Moirón, filla dun militar de Cachán (Riotorto).Entrevista de Joaquín Soler Serrano a Álvaro Cunqueiro no programa A Fondo de Televisión Española, 1978 . O matrimonio tivo cinco fillos, dous deles morreron precozmente. Vivían na rúa Méndez Núñez, nº 1 de Mondoñedo, e a botica estaba instalada nos mesmos baixos do pazo episcopal mindoniense. Os pais souberon transmitirlle ao seu fillo un rico legado de coñecementos sobre botánica, zooloxía, farmacoloxía e natureza. Ademais a nai era recordada pola súa capacidade para a invención de contos para engaiolar os fillos. miniatura|esquerda|Placa da casa onde naceu. Xa de pícaro lle gustaba ler, en especial lecturas populares da época, como noveliñas sobre Buffalo Bill e de FitzRoy, e el mesmo conta como escribiu a súa primeira novela ao xeito das do oeste na que os brancos falaban o castelán e os indios o galego (os indios vencían os brancos). Xa un pouco máis grandiño dedicaba tempo para ler poesía que lle aconsellaba o seu amigo José Ramón Santeiro.

Estudou o bacharelato no Instituto Xeral e Técnico de Lugo (1921), e na capital luguesa fixo boa amizade con Evaristo Correa Calderón e Ánxel Fole. Matriculouse na facultade de Filosofía e Letras (sección de Historia) da Universidade de Santiago de Compostela en 1927, á que tivo escasa dedicación nos seis cursos nos que estivo matriculadoArquivo Histórico da Universidade de Santiago (AHUS). Facultade de Filosofía e Letras. Expediente persoal do alumno Álvaro Cunqueiro Mora entre o 1927-1928 e 1935-1936, para dedicarse ao seu labor como xornalista e como escritor. Na súa etapa compostelá acudía regularmente aos faladoiros do café Español e entre os seus mellores amigos figuraban Francisco Fernández del Riego, Domingo García-Sabell, Gonzalo Torrente Ballester, Ricardo Carballo Calero, Carlos Maside e Xosé Eiroa. Descubriu así a obra de autores como William Butler Yeats, Rainer Maria Rilke, André Breton, Paul Verlaine e outros vangardistas que deixarán pegada nos seus primeiros poemarios. miniatura|Carta de identidade de alumno da Facultade de Filosofía e Letras.«A Compostela se acerca uno como quien se acerca al milagro» Centro Virtual Cervantes . Durante a Segunda República falou en Ribadeo nun mitin da Organización Republicana Gallega Autónoma (ORGA) e afiliouse ao Partido Galeguista. En 1932 coñeceu a Federico García Lorca e librou do servizo militar por estreito de peito. A sublevación dos militares en 1936 sorprendeu a Cunqueiro en Mondoñedo, e por influencia da súa familia, moi conservadora, non foi obxecto de represalias, pero mudouse a vivir a Ortigueira, onde o crego de Abadin, Daniel Pernas Nieto, amigo de seu pai, era capelán do Hospital-Asilo daquela vila. Pernas conseguíulle unha praza de profesor na Academia de bacharelato Santa Marta, que estaba dirixida polo crego vilalbés Jesús Márquez Cortiñas. Na capital do Ortegal, á que chega en outubro de 1936, faríase amigo de Feliciano Crespo Bello, profesor tamén na mesma academia, que era xefe comarcal da Falanxe, que o protexería, e nomearía xefe comarcal de Prensa e Propaganda. En Ortigueira sería redactor dun semanario falanxista local de nova creación, Era Azul. pois se afiliaría á Falange Española. Os artigos en Era Azul chamaron a atención de Jesús Suevos, xefe territorial da Falanxe en Galicia e director de El Pueblo Gallego, que lle pediu en maio de 1937 que entrase na redacción do xornal, no que xa colaborara antes da guerra. Aceptou e marchou para Vigo. Durante esa estadía en Vigo tamén ensinou, durante un curto período de tempo, lingua portuguesa no instituto da cidade.

En novembro de 1938 fixou a residencia en Donostia e cando a ocupación de Madrid polo exército franquista, Cunqueiro estableceuse alí o 29 de marzo. Un desagradábel incidente co embaixador francés truncou a súa carreira de xornalista. O escritor incumpriu o seu compromiso de escribir uns artigos sobre o Camiño de Santiago, logo de percibir por iso unha cantidade. A retirada do carné profesional en 1944, imposta como sanción, limitou o que viña sendo desde algúns anos o seu medio de vida. Volveu a Mondoñedo en 1947 e produciuse un afastamento do pensamento franquista. Nesta década estivo no cárcere. A partir de 1960 exerceu como cronista oficial de Mondoñedo e no ano seguinte estableceuse en Vigo, traballando para Faro de Vigo. O 23 de abril de 1961 a Real Academia Galega elixiuno como académico de número por 23 votos a favor, 6 abstencións e 1 en contra, proposto por Ricardo Carballo Calero, Domingo García-Sabell Rivas, Aquilino Iglesia Alvariño e Ramón Otero Pedrayo. Dous anos despois leu o seu discurso de ingreso, Algunhas imaxinaciós sober tesouros, respondido por Francisco Fernández del Riego.

miniatura|esquerda|Cunqueiro, Fernández del Riego e Carballo Calero en Compostela nos anos trinta. O primeiro Cunqueiro foi fundamentalmente poeta e despois da guerra civil española dedicouse sobre todo á narrativa e ao xornalismo. Foi un escritor polifacético e a súa extensa obra literaria abrangue os eidos xornalístico, poético, narrativo e teatral, sen esquecer os seus traballos de tradución. Segundo o Diccionario da literatura galega:

Segundo o portal da Lingua Galega:

miniatura|300px|1933, Ourense. Banquete galeguista homenaxe a Emilia Docet e a Manuel Luís Acuña. Na foto, entre outros: Risco, Ramiro Isla, Leuter González, Cunqueiro, Otero Pedrayo, María Luz Morales, Blanco Amor, Xoán L. Ramos Colemán e Manuel Peña Rey. Cunqueiro mantivo unha actitude crítica e escéptica co pasado celta de Galicia, cualificando o celtismo galego coma un mito.20px Entrevista de Joaquín Soler Serrano a Álvaro Cunqueiro no programa A fondo, RTVE. 1978 (8'15")20px "A realidade histórica de Galicia" conferencia de Álvaro Cunqueiro no Centro Galego de Lisboa en 1971 (7'09"). Foi o autor da famosa cita Mil primaveras máis para a lingua galega, que figura na súa sepultura "Eiqui xaz alguén, que coa súa obra, fixo que Galicia durase mil primaveras máis", xunto con outra que reza "Loubado seña Deus que me permitiu facerme home neste grande Reino que chamamos Galicia".

Xornalismo Na súa primeira estadía compostelá foi redactor e colaborador de diversos xornais e revistas coma El Pueblo Gallego. De volta en Mondoñedo, participou no movemento editorial dos anos trinta promovendo a aparición de varias publicacións (inseridas no ambiente vangardista da época) como Papel de color, Editorial Un, e Galiza, da que editou o primeiro número o 25 de xullo de 1930.

Anos máis tarde colaborou e dirixiu en Ortigueira a publicación local falanxista Era Azul. En 1937 entrou na redacción de El Pueblo Gallego como encargado da parte literaria e colaborador de asuntos actuais. En novembro de 1938 fixou a residencia en Donostia e entrou na redacción de La Voz de España. Tamén foi subdirector de Vértice, publicación da Delegación Nacional de Prensa e Propaganda, revista na que publica La historia del caballero Rafael (1939), a súa primeira narración en castelán. Xa en Madrid o 29 de marzo e incorporouse á redacción do ABC. miniatura|esquerda|Placa na casa da rúa Marqués de Valladares de Vigo na que viviu. Desde 1961 traballou no Faro de Vigo como colaborador fixo. Desde novembro de 1964 exerceu como director de Faro de Vigo e Faro Deportivo, dirección que abandonou voluntariamente en 1970. Deixou innumerábeis artigos en xornais como Vallibria, La Voz de Galicia, El Progreso e Faro de Vigo e revistas como El Escorial ou Fantasía.

Poesía Cunqueiro sempre se definiu como poeta, con todo, a obra poética foi descoñecida ou considerada menor ata a publicación conxunta en Obra en galego completa, I (1980), que posibilitou o acceso a uns libros non reeditados ou esquecidos perante a importancia da súa prosa. Apenas lida, a súa poesía viña sendo identificada co neotrobadorismo, nunha lectura sim­plista e fragmentaria.

Mar ao norde (1932) é a súa primeira obra cun sincretismo vangardista con algo de cubismo ou creacionismo. Son poemas breves nos que se opoñen o mar e a terra, e a illa é o centro na última parte. Segundo Xosé Ramón Pena: miniatura|300px|Díxenlle á rula: Pase, miña señora!E foise polo medio e medio do outonopor entre as bidueiras, sobre o río.—   Cunqueiro. Herba aquí ou acolá.Dona de corpo delgado: Herba aquí e acolá; Outros poemas: poesía (1933-1981) Galaxia, 2011.

Poemas do si e non (1933) está na liña do surrealismo e semella un especial conto erótico, unha historia de amor (desamor, elexía do amor) que ten lugar nunha verdadeira irrealidade espazo-temporal (engade Xosé Ramón Pena). Cantiga nova que se chama Riveira (1933) achégase á tradición, converténdose no máis importante libro de poemas do neotrobadorismo galego e recuperando a forma das cantigas medievais inzada de imaxes novas. As orixes do libro están na lectura das cantigas de amigo e nas cantigas de amor de José Joaquim Nunes. Dona do corpo delgado (1950) contén poemas confidenciais, nostálxicos, herméticos e tamén neotrobadorescos. Herba aquí e acolá (1980) recolle poemas das últimas décadas. Está dividido en dúas partes: "As historias" e "Vellas sombras e novos cantos". Está considerado como un verdadeiro testamento literario do autor.

O primeiro Cunqueiro foi fundamentalmente poeta, de xeito vangardista, neotrobadoresco e culturalista.

Amancio Prada puxo música a varios poemas de Álvaro Cunqueiro en A dama e o cabaleiro (1987).

Narrativa

Nos anos 40 e 50 comezou a dedicarse principalmente á narrativa, publicando:

Tres novelas relevantes: Merlín e familia i outras historias, As crónicas do sochantre e Si o vello Sinbad volvese ás illas.... Tres libros de relatos ou "semblanzas": Xente de aquí e de acolá, Escola de menciñeiros e Os outros feirantes. miniatura|Fragmento de Merlín e Familia. A condición de "novelas" das tres primeiras foi posta en dúbida debido ao seu carácter fragmentario e á particular estrutura baseada fundamentalmente na suma de relatos. E a cualificación de "retratos" ou de "semblanzas" das segundas minguou por veces o seu carácter narrativo encadrándoas na descrición costumista. Os relatos curtos achegan o lector á realidade especificamente galega, a dun mundo a piques de desaparecer, e son máis realistas. As novelas mesturan moitos elementos: o mundo galego, a tradición clásica greco-latina, a tradición oriental, a materia da Bretaña, a cultura en xeral.

Cunqueiro fixo convivir mitos tirados de tradicións diferentes. Ademais, as súas narracións están protagonizadas por persoas cos seus soños, as súas teimas, os seus sentimentos e, por enriba de todo, a súa imaxinación.

Na súa Historia da Literatura Galega IV Xosé Ramón Pena estuda amplamente as diferentes visións dos críticos literarios sobre a obra do escritor de Mondoñedo: a literatura de evasión, a reinvención dos mitos, o posible realismo máxico...

Teatro