Jorge Alejandro Santamarina Valcárcel, nado en Buenos Aires o 17 de xaneiro de 1891 e finado en Olivos o 8 de agosto de 1953 foi un empresario e político arxentino de orixe galega. Traxectoria
Foi presidente do Banco da Nación Arxentina dende 1932 ata 1943, ministro de Facenda do goberno que xurdiu na revolución do 4 de xuño de 1943, deputado pola provincia de Buenos Aires, membro da Xunta reguladora de grans e vicepresidente, dende 1936 ata seu falecemento, da empresa familiar iniciada polo seu avó, Santamarina e Hijos. A súa actuación no gremio consignatario na década de 1930 foi moi importante xa que logrou o cambio da forma de comercialización cando logrou derogar unha lei nacional que prexudicaba o sector.
Notas
Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en 1891 Categoría:Finados en 1953 Categoría:Nados en Buenos Aires