Welliton Soares de Morais, nado o 22 de outubro de 1986 en Conceição do Araguaia é un futbolista brasileiro que xoga na demarcación de dianteiro centro.

Traxectoria Comezou a xogar no Goiás EC brasileiro onde militou ata que no ano 2007 fichou polo Spartak de Moscova ruso, salvo unha breve cesión no ano 2006 ao Ituano FC.

No equipo ruso comezou a moi bo nivel sendo o máximo anotador da Primeira División rusa nos anos 2009 e 2010. Estas boas actuacións valeronlle espertar o interese de equipos europeos coma o Arsenal FC, FC Porto ou Liverpool, porén o Spartak non o traspasou. Co tempo foi perdendo peso no equipo encadenando cesións a Grêmiohttp://en.rsport.ru/football/20130206/643706786.html, São Paulo FC e finalmente ao Celta de Vigo a comezos do ano 2014.

Coa selección Nunca foi convocado coa Selección de fútbol do Brasil, mostrando o seu interese en defender a camiseta da Selección de fútbol de Rusiahttp://www.goal.com/en/news/553/russia/2009/12/01/1658756/spartak-moscows-brazilian-striker-welliton-eager-to.

Palmarés Co Goiás EC: Campión do Estado de Goiás (1): 2006.

Co Spartak de Moscova: Máximo anotador da Premier League de Rusia (2): 2009 (21 goles) e 2010 (19 goles).

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Traxectoria do xogador Traxectoria do xogador

Categoría:Nados no estado do Pará Categoría:Nados en 1986 Categoría:Futbolistas do Brasil Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Goiás EC Categoría:Xogadores do Ituano Futebol Clube‎ Categoría:Xogadores do FC Spartak de Moscova‎ Categoría:Xogadores do Grêmio Foot-Ball Porto Alegrense Categoría:Xogadores do São Paulo FC Categoría:Xogadores do Celta de Vigo