O KS Flamurtari Vlorë é un club de fútbol albanés da cidade de Vlorë. Na actualidade xoga na Kategoria Superiore, a Primeira División de Albania. Xoga coma local no Estadio Flamurtari e as cores do seu equipamento son o vermello e o negro. Mantén unha rivalidade histórica co KF Skënderbeu Korçë e co KF Tirana.

O Club fundouse en 1925, sendo un dos máis antigos do fútbol albanés. É o club albanés máis coñecido internacionalmente trala súa participación na edición da Copa da UEFA 1987/88, na que chegou a oitavos de final tras gañar a equipos coma o Partizan Belgrado ou o FC Barcelona, porén sería eliminado polo equipo catalán. Esta sería a mellor participación dun equipo albanés en competición europea.

Foi un dos equipo fundadores da Primeira división albanesa no ano 1930. O seu primeiro título foi a Copa de 1985, o que lle permitiu participar por primeira vez en competición europea, na Recopa de Europa da tempada 1985/86.

Evolución histórica do seu nome Foi fundado en 1924 coma SK Jeronim Vlorë, porén o nome sufriu constantes cambios ao longo da súa historia.

Sportklub Vlöre: Dende 1924 a 1934. Ismail Qemali Vlorë: Dende 1935a 1945. Flamurtari Vlorë: Dende 1946 a 1948. Vlora: Dende 1949 a 1950. Puna Vlorë: Dende 1951 a 1957. Flamurtari Vlorë: Dende 1958 ata a actualidade.

Participacións en competición europea

Season Competition Round Club Home Away1985–86Recopa de Europa1RHJK Helsinki1–22–31986–87Copa da UEFA1RFC Barcelona1–10–01987–88Copa da UEFA1RFK Partizan Belgrado2–01–22RWismut Aue2–00–11/16FC Barcelona1–01–41988–89Recopa de Europa1RLech Poznań2–30–11990–91Recopa de Europa1ROlympiakos FC0–21–31991–92Liga de Campións da UEFA1RIFK Göteborg1–10–01996–97Recopa de EuropaQRHumenné0–20–12009–10UEFA Europa League2QR20pxMotherwell1–01–82011–12UEFA Europa League1QR20pxFK Budućnost1–23–12QRFK Jablonec 970–21–52012–13UEFA Europa League1QRBudapest Honvéd FC0–10–2

QR = Rolda previa 1R = 1ª Rolda 2R = 2ª Rolda 3R = 3ª Rolda

Equipo Categoría principal: Xogadores do Klubi Sportiv Flamurtari Vlorë

12px

Palmarés Primeira división de Albania (1): 1991. Copa de Albania (3): 1985, 1988 e 2009. Supercopa de Albania (2): 1990 e 1991. Copa Spartak (1): 1954.

Véxase tamén Ligazóns externas O Flamurtari na páxina da UEFA Palmarés Equipo

Flamurtari