Luís Villardefrancos Calé, nado na Coruña o 22 de setembro de 1880,Marisa Villardefrancos, esa "muchacha ignorada" foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria Fillo de Gumersindo Villardefrancos Pardo de Andrade e Dolores Calé Sanjurjo. Foi oficial do Hospital de Santiago de Compostela e secretario do concello de Vedra (1911-1916). En setembro de 1919 foi nomeado xefe da estación de Franza, na liña de Ferrol,El Eco de Santiago, 13-9-1919, p. 2. un mes despois da de PontedeumeEl Eco de Santiago, 27-10-1919, p. 2. e en 1925 pasou a ser xefe da estación de Ferrol.El Progreso, 7-11-1925, p. 3. Nos anos trinta marchou a Madrid como xefe de servizos do ferrocarril, sendo secretario do Lar Gallego en 1932, e onde residía en 1952.La Noche, 4-3-1952, p. 4. Dirixiu a revista Galicia Moza, foi redactor de Gaceta de Galicia e colaborou nas súas "Páginas literarias", e tamén no suplemento Nós. Páxinas gallegas do Diario da Cruña El Noroeste, en El Eco de Santiago, Heraldo de Madrid, Galicia en Madrid e La Voz de Galicia e publicou algún poema en El Compostelano. Foi presidente do Club Ciclista de Santiago (1909).
Vida persoal Casou en Vedra coa mestra María de los Dolores Legrande Camino en 1914,El Progreso, 9-10-1914, p. 3. e foi pai de Marisa Villardefrancos Legrande. Era sobriño de Emilia Calé e curmán de Emilia Quintero Calé, a quen lle dedicou un poema, "Á miña curmán á notabre pianista Emilia Quintero Calé".
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Hemeroteca da Real Academia Galega
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Xornalistas da Coruña Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1880 Categoría:Finados en ano descoñecido