Vida foi unha revista editada na Coruña entre 1920 e 1921.
Historia e características Subtitulada Revista mensual ilustrada, apareceu en xullo de 1920. De periodicidade irregular, estaba dirixida por Jacobo Casal que tamén era o xerente. Tiña un deseño vangardista e de gran calidade, incluíu artigos de literatura, arte, historia, música, viaxes e deportes. Entre os seus colaboradores figuraron Ramón Fernández Mato, Valentín Paz Andrade, Ángel Ferrant, Ángel del Castillo, José Calviño Domínguez, Alfonso Mosquera, Julio Wonenburger, Arturo Taracido, Roberto Nóvoa e Juan González del Valle; foi ilustrada por Barradas, Francisco Miguel, Luís Huici, Ramón Núñez Carnicer e Vázquez Díaz. Mantivo a sección fixa "Libros nuevos" na que apareceron referencias a escritores galegos. Publicou a traxedia Os homildes de Leandro Carré Alvarellos. Apareceron cinco números, cesando a súa publicación en setembro de 1921. Algúns autores considérana un precedente de Alfar.
Véxase tamén Bibliografía Carballo-Calero Ramos, M. V. (1997): La revista VIDA, una aventura antes de ALFAR. Discurso de ingreso como académica de número da Real Academia Galega de Belas Artes.
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña Ligazóns externas
Categoría:Prensa escrita da Coruña Categoría:1920 en Galicia Categoría:Revistas editadas en Galicia