A cirrose (do grego: kirr- κιρρóς, amarelo laranxado, e -ō-sis, patoloxía) é unha histopatoloxía na que as células do parénquima dun órgano interno calquera son substituídas, ao morreren, por un tecido anormal de tipo cicatricial formado a partir do tecido estromal do propio órgano.

O termo 'cirrose' foi acuñado por René Laënnec en 1805 ao estudar a cirrose hepática e observar a presenza de gránulos amarelos no tecido hepático, por mor isto da presenza de pigmentos biliares. Polo xeral, o termo cirrose queda reservado para a doenza hepática, denominándose a doenza pancreática como pancreatite crónica, sen ningunha relación fisiopatoxénica coa hepática, agás a posíbel orixe etílica coincidente da primeira con algúns casos da última. Teñen distintos aspectos morfolóxicos e histopatolóxicos, con certas analoxías.

Tipos de cirrose Cirrose hepática, cuxa etioloxía pode ser alcohólica, vírica (hepatite B, hepatite C), algúns fármacos e a obesidade. Cirrose pancreática, que na práctica se coñece coma pancreatite crónica. Cirrose renal Cirrose biliar, que pode ser primaria (cirrose biliar primaria) ou secundaria a outras doenzas. Comeza afectando as vías biliares para rematar afectando tamén ao fígado.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Cirrose hepática Cirrose biliar primaria Pancreatite crónica Ligazóns externas Información sobre a cirrose hepática

Categoría:Doenzas