La Voz de Celanova foi un semanario editado en Celanova entre 1909 e 1911.
Historia e características Subtitulado Semanario defensor de los intereses morales y materiales del distrito, apareceu en decembro de 1909. De ideoloxía católica, foron os seus directores Emilio Míguez e Manuel Casais Estévez. O administrador era Luis Meleire. Entre os seus colaboradores figurou Eduardo Merino. Cesou a súa publicación en agosto de 1911.
Véxase tamén Bibliografía
"Voz de Celanova, La" en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Ourense
Categoría:Prensa escrita de Celanova Categoría:1909 en Galicia