200px|miniatura|Manequín sendo sometido a unha raiografía. A radiografía ou raiografía é unha técnica de exame de imaxe que utiliza raios X para ver un material cuxa composición non é uniforme, como acontece co corpo humano. Un feixe heteroxéneo de raios X é producido por un xerador e proxectado sobre unha superficie. A densidade e a composición de cada área determina a cantidade de raios X absorbida. Os raios X que o atravesan son capturados detrás do obxecto por un detector (sexa un filme fotográfico ou detector dixital). Prodúcese pois unha representación en dúas dimensións de todas as estruturas superpostas.
A raiografía permite observar diferentes órganos e sistemas do corpo humano dun xeito non destrutivo.
Tipos de radiografías Sen contraste radiolóxico Dental. Pantomografía dental Cranio, sinus paranasais Columna: cervical, dorsal, dorsolumbar, lumbar, lumbosacra Parrilla costal Tórax: principalmente para a valoración dos pulmóns e o corazón Mamografía: valoración de masas nas mamas. Abdome (simple) Extremidades superiores Extremidades inferiores Telemetría: para a valoración da escoliose Tomografías: non empregadas dende a introdución da tomografía computadorizada (TC)
Con contraste radiolóxico Raramente utilitzadas dende a introdución da ecografía: Mielografía: da medula espiñal Urografía: do tracto urinario Vesícula biliar
Pouco empregadas: Sialografía: das glándulas salivais Esofagograma: para a valoración da deglutición Colangiografía: das vías biliares Flebografía: das veas, habitualmente das extremidades inferiores Histerografía: da cavidade uterina Fistulografía: para valorar un traxecto fistuloso.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Outros artigos Raios X Ligazóns externas Radiografía.
Categoría:Radiografía Categoría:Diagnóstico pola imaxe Categoría:Probas diagnósticas