O calendario romano xeral, coñecido en latín como calendarium romanum generale, é o calendario litúrxico oficial para as celebracións na forma ordinaria do rito romano na Igrexa católica latina. Rexe a ordenación do ano litúrxico indicando o ciclo total das celebracións do "misterio do Señor" e as datas das celebracións dos santos, ou santoral. Ademais do xeral existen calendarios particulares, como calendarios diocesanos, nacionais, de igrexas particulares ou de familias relixiosas.

Consonte o ano litúrxico católico o calendario estrutúrase en dous ciclos, o temporal e o santoral, o primeiro concirne a Cristo e ao segundo concirne aos días dedicados a lembrar e venerar a algúns santos e beatos.

Orixe Durante o primeiro século do cristianismo latino non existía máis que un calendario temporal moi sinxelo, que incluía como festas especiais, Nadal, Pascua cristiá e Pentecoste e moi axiña quedou incluída a EpifaníaVV.AA. (1977) Nueva Historia de la Iglesia, vol 2 Ediciones Cristiandad, p. 159, de orixe oriental. A primeira noticia que se ten do culto aos mártires data de aproximadamente o ano 167 e ata o século IV era unha práctica estritamente local realizada nas capelas dos cemiteriosGiovanni Filoramo (2001) Diccionario Akal de las Religiones, Akal, p. 215, así o máis antigo calendario litúrxico romano conservado, compilado por Filocalo no ano 354 inclúe o Depositio episcoporum, unha lista de papas, e o Depositium martyrium cunha lista de 52 mártires, todos romanos agás tres de CartagoÉamonn Ó Carragáin, Éamonn Ó e Neuman de Vegvar, Carol L. ( 2007) Roma Felix: Formation and Reflections of Medieval Rome Ashgate Publ., p. 20. Progresivamente iniciouse o costume de transportar as reliquias á igrexa local ou doutras localidades. Progresivamente comezaron a adoptarse varias festas de orixe bizantina relacionadas coa Virxe, como a Solemnidade de Santa María Nai de Deus no século VBonneau, Normand (1998) The Sunday Lectionary: Ritual Word, Paschal Shape Liturgical Press, p. 123 , e no século VII a Natividade, a Purificación[Holweck, F. (1908). Candlemas. In The Catholic Encyclopedia. New York: Robert Appleton Company. Retrieved February 10, 2014 from New Advent: http://www.newadvent.org/cathen/03245b.htm], a AnunciaciónBergamini, Augusto (1995) Cristo, fiesta de la Iglesia. El año litúrgico San Pablo, p. 485 e a Asunción de MaríaEspín, Orlando O. E Nickoloff, James B. (2007) An Introductory Dictionary of Theology and Religious Studies Liturgical Press, p. 95 á vez que o culto aos santos ía tomando carácter universal, editándose os santorais á parte e chegando nos séculos XIII e XIV a ter unhas proporcións desmesuradas e sorprendentesBernal, José Manuel (1984) Introducción al año litúrgico, Cristiandad, p. 278. No concilio de Trento realizouse unha fonda reforma do calendario litúrxico entre 1568 e 1570 simplificándoo, conservando só oito santos posteriores ao ano 1000 e deixando 157 días libres de festas Basurko, Xabier (2006) Historia de la liturgia Centre de Pastoral Liturgica, p. 322, así e todo co paso dos séculos o santoral foise sobrecargando de novo e en 1911 ao iniciar Pío X a reforma do santoral, este contaba con 356 festas, que non puideron corrixir as reformas de 1914 e 1960 e ao comezar os traballos do concilio Vaticano II estableceuse a necesidade dunha reforma do calendario para que o ciclo temporal mantivera a superioridade sobre a festa dos santos. Así o papa Paulo VI estableceu en 1964Post, Paul et al. (2001) Christian Feast and Festival: The Dynamics of Western Liturgy and Culture. Peeters:Leuven, p. 478 unha comisión posconciliar para a establecer a constitución litúrxica, cun grupo de estudo dedicado á revisión do calendario, que concretou no novo calendario romano, o calendario romano xeral, promulgado o 14 de febreiro de 1969 polo Papa e que entrou en vigor o 1 de xaneiro de 1970.

Selección de santos incluídos

O calendario romano xeral asigna celebracións de santos a aproximadamente a metade dos días do ano, contendo só unha parte pequena dos santos listados no Martyrologium Romanum, que tampouco inclúe todos os santos lexitimamente venerados na Igrexa católica; e así a canonización implica a adición do nome do santo ao Martyrologium pero non quere dicir que se insira no calendario romano xeral, que menciona só unha moi limitada selección de santos canonizados, e que non estean incluídos no calendario non indica que non sexan venerados polos católicos. No calendario só se inclúen santos de significancia universal, representando o conxunto de eras, rexións xeográficas e grupos culturais, e no posible a súa festa asígnase ao día do que a igrexa considera o seu "nacemento" á vida eternaMcFarland, Jason J. "An Overview of Universal Norms on The Liturgical Year and The General Roman Calendar" in Driscoll, Michael S. (2012) The Liturgy Documents: Essential Documents for Parish Worship. Volume 1, Liturgy Training Publications, p. 205.

Festas móbiles Bautismo do Señor, o domingo seguinte á festa da epifanía, ou se esta é o 7 ou 8 de xaneiro o luns seguinte. Mércores de Cinsa, corenta e seis días antes de Pascua. Domingo de Ramos, o domingo anterior á Pascua. Xoves Santo, xoves anterior á Pascua. Venres Santo, venres anterior á Pascua. Pascua, o primeiro domingo despois de lúa chea tralo equinoccio de primavera. Festa da Divina Misericordia, o primeiro domingo despois de Pascua. Día da Ascensión, corenta días despois da Pascua. Pentecoste, cincuenta días despois de Pascua. Domingo de Trindade, o primeiro domingo despois de Pentecoste. Corpus Christi, o xoves seguinte ao domingo de Trindade, ou onde non é festa de gardar o domingo seguinte. Festa do Sagrado Corazón de Xesús, venres seguinte ao segundo domingo despois de Pentecoste. Inmaculado Corazón de María, sábado seguinte ao segundo domingo despois de Pentecoste. Festa de Cristo Rei, o derradeiro domingo do ano litúrxico. Festa da Sagrada Familia, o domingo da oitava de Nadal.

Festas fixas Xaneiro 1 de xaneiro - Solemnidade de Santa María Nai de Deus; solemnidade 2 de xaneiro - Santos Basilio o Grande e Gregorio Nacianceno, bispos e doutores; memoria 3 de xaneiro - Festa do Santísimo Nome de Xesús; memoria opcional 6 de xaneiro - Epifanía, en países onde non é festa de gardar celébrase o primeiro domingo despois do 1 de xaneiro 7 de xaneiro - San Raimundo de Penyafort, presbítero; memoria opcional 13 de xaneiro - Santo Hilario de Poitiers, bispo e doutor; memoria opcional 17 de xaneiro - Santo Antón de Exipto, abade; memoria 20 de xaneiro - Papa Fabián ou san Sebastián, mártires; memoria opcional 21 de xaneiro - Santa Einés, virxe e mártir; memoria 22 de xaneiro - San Vicente, diácono e mártir; memoria opcional 24 de xaneiro - San Francisco de Sales, bispo e doutro; memoria 25 de xaneiro - Conversión de san Paulo; festa 26 de xaneiro - Santos Timoteo e Tito, bispos; memoria 27 de xaneiro - Santa Ánxela Merici, virxe; memoria opcional 28 de xaneiro - San Tomé de Aquino, presbítero e doutor; memoria 31 de xaneiro - San Xoán Bosco, presbítero; memoria

Febreiro 2 de febreiro - Presentación do Señor 3 de febreiro - San Brais ou santo Óscar, opcional 5 de febreiro - Santa Ádega 6 de febreiro - San Paulo Miki e compañeiros 8 de febreiro - San Xerome Emiliani ou santa Xosefina Bakhita, opcional 10 de febreiro - Santa Escolástica 11 de febreiro - Nosa Señora de Lurdes, opcional 14 de febreiro - Santos Cirilo e Metodio 17 de febreiro - Sete santos fundadores da Orde dos Servitas, opcional 21 de febreiro - San Pedro Damián, opcional 22 de febreiro - Cátedra de san Pedro 23 de febreiro - San Policarpo

Marzo 4 de marzo - San Casimiro, opcional 7 de marzo - Santas Perpetua e Felicidade 8 de marzo - San Xoán de Deus, opcional 9 de marzo - Santa Francisca Romana, opcional 17 de marzo - San Patricio, opcional 18 de marzo - San Cirilo de Xerusalén, opcional 19 de marzo - San Xosé 23 de marzo - San Toribio de Mogrovejo, opcional 25 de marzo - Anunciación

Abril 2 de abril - San Francisco de Paula, opcional 4 de abril - Santo Isidoro, opcional 5 de abril - San Vicente Ferrer, opcional 7 de abril - San Xoán Bautista de La Salle 11 de abril - Santo Estanislau 13 de abril - San Martiño I, opcional 21 de abril - Santo Anselmo de Canterbury, opcional 23 de abril - San Xurxo ou santo Adalberto, opcional 24 de abril - San Fidel de Sigmaringen, opcional 25 de abril - San Marcos o Evanxelista 28 de abril - San Pedro Chanel ou san Luís de Montfort, opcional 29 de abril - Santa Catarina de Siena 30 de abril - San Pío V, opcional

Maio 1 de maio - San Xosé Obreiro, opcional 2 de maio - Santo Atanasio 3 de maio - Santos Filipe e Santiago 12 de maio - Santos Nereo e Aquiles ou san Pancracio, opcional 13 de maio - Nosa Señora de Fátima, opcional 14 de maio - San Matías o Apóstolo 18 de maio - San Xoán I, opcional 20 de maio - San Bernardino de Siena, opcional 21 de maio - San Cristobo Magallanes e compañeiros, opcional 22 de maio - Santa Rita de Cascia, opcional 25 de maio - San Beda ou san Gregorio VII ou santa María Madalena de Pazzi, opcional 26 de maio - San Filipe Neri 27 de maio - Santo Agostiño de Canterbury, opcional 31 de maio - Visitación

Xuño 1 de xuño - San Xustino Mártir 2 de xuño - Santos Marcelino e Pedro, opcional 3 de xuño - San Carlos Lwanga e compañeiros 5 de xuño - Santo Bonifacio 6 de xuño - San Norberto, opcional 9 de xuño - Santo Efrén, opcional 11 de xuño - San Bernabeu o Apóstolo 13 de xuño - Santo Antonio de Padua 19 de xuño - San Romualdo, opcional 21 de xuño - San Luís Gonzaga, 22 de xuño - San Paulino de Nola ou san Xoán Fisher e san Tomé Moro, opcional 24 de xuño - Natividade de san Xoán o Bautista 27 de xuño - San Cirilo de Alexandría, opcional 28 de xuño - Santo Ireneu 29 de xuño - Festa de San Pedro e San Paulo 30 de xuño - Primeiros mártires da igrexa romana, opcional

Xullo 3 de xullo - Tomé o Apóstolo 4 de xullo - Santa Sabela de Aragón, opcional 5 de xullo - Santo Antonio Zaccaria, opcional 6 de xullo - Santa María Goretti, opcional 9 de xullo - Santo Agostiño Zhao Rong e compañeiros, opcional 11 de xullo - San Bieito 13 de xullo - San Henrique, opcional 14 de xullo - San Camilo de Lelis, opcional 15 de xullo - San Boaventura 16 de xullo - Nosa Señora do Monte Carmelo, opcional 20 de xullo - Santo Apolinario, opcional 21 de xullo - San Lourenzo de Brindisi, opcional 22 de xullo - Santa María Madalena 23 de xullo - Santa Bríxida, opcional 24 de xullo - San Chárbel Makhlouf, opcional 25 de xullo - Santiago o Maior 26 de xullo - Santos Xoaquín e Ana 29 de xullo - Santa Marta 30 de xullo - San Pedro Crisólogo, opcional 31 de xullo - Santo Ignacio de Loiola

Agosto

1 de agosto - Santo Afonso María de Ligorio 2 de agosto - Santo Eusebio de Vercelli ou San Pedro Xián Eymard, opcional 4 de agosto - San Xoán Vianney 5 de agosto - Dedicación da basílica de Santa María a Maior, opcional 6 de agosto - Transfiguración de Xesús 7 de agosto - San Sisto II ou san Caetano, opcional 8 de agosto - San Domingos, 9 de agosto - Santa Tareixa Benedita da Cruz, opcional 10 de agosto - San Lourenzo 11 de agosto - Santa Clara 12 de agosto - Santa Xoana de Chantal, opcional 13 de agosto - Santos Ponciano e Hipólito, opcional 14 de agosto - San Maximiliano María Kolbe 15 de agosto - Asunción de María 16 de agosto - Santo Estevo de Hungría, opcional 19 de agosto - San Xoán Eudes, opcional 20 de agosto - San Bernaldo de Claraval 21 de agosto - San Pío X 22 de agosto - Raíña dos Ceos 23 de agosto - Santa Rosa de Lima, opcional 24 de agosto - San Bertomeu o Apóstolo 25 de agosto - San Lois ou san Xosé de Calasanz, opcional 27 de agosto - Santa Mónica 28 de agosto - Santo Agostiño de Hipona 29 de agosto - A decapitación de Xoán o Bautista

Setembro 3 de setembro - San Gregorio o Grande 4 de setembro - Santa Rosalía de Palermo