San Vicente de Leira é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Vilamartín de Valdeorras. Segundo o IGE en 2014 tiña 101 habitantes (50 homes e 51 mulleres), 54 menos ca en 2004 (78 mulleres e 77 homes) e 89 menos ca en 1999. Ten tres entidades de poboación.

Xeografía e historia Está situada ao norte do concello, lindando ao norte coa provincia de León a través da serra de Cabalos, cos picos Montouto (1541 m) e A Turriera (1610 m). No primeiro deles nace o río Leira, afluente do río Sil. Está comunicada a través da estrada provincial OU-0807, que comunica coa N-120. En marzo de 2018 a parroquia quedou incomunicada ao ser cortada a estrada"O corte físico da estrada a San Vicente de Leira obedece a cuestións de seguridade" , artigo na web da Deputación de Ourense, 11 de marzo de 2018."Unha parroquia de Valdeorras queda sen acceso por estrada pola acción dunha canteira", artigo en Praza Pública, 11 de marzo de 2018..

No Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual Madoz indícase que a parroquia ten 65 vivendas, con 300 habitantes. As festas parroquiais celébranse o 27 de setembro, día de san Vicente. (1993): Galicia pueblo a pueblo. Ed. La Voz de Galicia. ISBN 978-84-88254-24-5. Páx. 1536.

Na parroquia hai diversas empresas adicadas á extracción de lousa da época do ordovícico (1992): La industria de la pizarra. Ediciones Díaz de Santos. ISBN 9788479780630. Páx. 26.

Notas

Lugares e parroquias Lugares de Vilamartín de Valdeorras

Parroquias de Vilamartín de Valdeorras

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Vilamartín de Valdeorras

Categoría:Parroquias de Vilamartín de Valdeorras Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Vicente