José Gómez Martínez, que asinaba como Zenitram, nado en Pontevedra e finado en Teis o 7 de xuño de 1940Necrolóxica en Martín Codax, 67, 15-6-1940, p. 49., foi un sacerdote e xornalista galego.
Traxectoria Foi capelán do convento das Clarisas de Pontevedra, coadxutor de San Xurxo da Coruña (1908), coadxutor de Bueu (1914) e párroco de Teis (1915). Dirixiu El Áncora e El Eco de Galicia e colaborou en La Correspondencia Gallega, El Noroeste, Tierra Gallega e El Ideal Gallego. Asinaba as súas colaboracións co pseudónimo Zenitram.Retrato de José Martínez, Zenitram por Ksado en Vida gallega, ilustración regional ano XIX n.º 345, 30/6/1927.
Obras Rasguños, 1908.
Notas
Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Xornalistas de Pontevedra Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Finados en 1940 Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público