Hans Krahe, nado en Gelsenkirchen (Alemaña) o 7 de febreiro de 1898 e finado en Tubinga o 25 de xuño de 1965, foi un filólogo e lingüista alemán.
Traxectoria Foi profesor na Universidade de Würzburg desde 1936 ata 1946, onde fundou en 1942 o Archiv für die Gewässernamen Deutschlands (Arquivo de topónimos das correntes alemás), a base das súas investigacións xeográficas e lingüísticas conducentes á reconstrución teórica dun idioma protoeuropeo; posteriormente estivo vinculado á Universidade de Heidelberg ata 1950; de alí trasladouse á Universidade de Tubinga, onde foi profesor de lingüística eslávica comparada e director dos seminarios indolóxicos e eslávicos, ata a súa morte.
O arquivo de topónimos iniciou tardiamente a súa publicación en 1962 como a serie Hydronymia Germaniae; en 1966 foi trasladado á Universidade de Gotinga por P. W Schmid, e en 1985, en colaboración coa Academia de Ciencias de Polonia, continuou a súa publicación como a serie Hydronymia Europaea.
Publicacións Die alten Balkanillyrischen geographischen Namen. Heidelberg, 1925 Die Sprache der Illyrier. 1: Die Quellen. VIII, 120 pp, 1955. ISBN 3-447-00534-3 2: Die messapischen Inschriften und ihre Chronologie von Carlo de Simone. Die messapischen Personennamen von Jürgen Untermann. VIII, 229 pp, 130 táboas, ISBN 3-447-00535-1 Harrassowitz Verlag, Wiesbaden, 1964. Unsere ältesten Flußnamen. 123 pp, 2 táboas, ISBN 3-447-00536-X Harrassowitz Verlag, Wiesbaden, 1964. Germanische Sprachwissenschaft. Wortbildungslehre. Sammlung Göschen Bd.2234 (Wolfgang Meid, editor). 270 pp. ISBN 3-11-006290-9 Wissenschaftsverlag Walter de Gruyter, Berlín, 1969.
Véxase tamén Ligazóns externas Universitätsarchiv Tübingen, Übersicht über die Bestände. Bestandssignatur: UAT 267. Hans Krahe (1898-1965), Nachlaß: 1925-1966 Union der deutschen Akademien der Wissenschaften. Namensforschung Flur- und Gewässernamen
Categoría:Nados en 1898 Categoría:Finados en 1965 Categoría:Lingüistas de Alemaña Categoría:Indoeuropeístas Categoría:Nados en Gelsenkirchen