Santa María de Lurdes é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Curtis. Segundo o padrón municipal en 2004 tiña 1420 habitantes (747 mulleres e 673 homes), 45 máis que en 1999. A poboación está distribuída en 6 entidades de poboación en 2,3 km²Páxina oficial do concello de Curtis, datos das parroquias.
Aínda que segundo o Nomenclátor de Galicia o nome da parroquia civil é Santa María de Lurdes, a parroquia eclesiástica denomínase Nosa Señora de Lourdes. Pertence ao arciprestado de Sobrado, igual cás demais parroquias do concello.
Historia miniatura|esquerda|Sinal en Curtis da igrexa de Lourdes.
A estación de Curtis e as estradas Curtis-Santaia, A Coruña-Ourense e a comarcal Santiago-Curtis, deron lugar ao nacemento dunha gran feira. Polo aumento da poboación e as necesidades da feira creouse unha nova capela que co tempo se converteu na igrexa parroquial de Lourdes de Curtis.
A parroquia de Nosa Señora de Lurdes foi desmembrada de Santa María de Fisteus e constituída parroquia independente pola real Orde da Dirección General de Justicia, Culto y Asuntos Generales o 10 de outubro de 1928, adquirindo total independencia por un Decreto do Arcebispado de Santiago de data 1 de febreiro de 1929.
Demografía Século XX 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1986 1991 1999 2000 Habitantes 644 876 1036 1275 1465 1136 1314 1346 1375 1393
Século XXI 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 1389 1388 1417 1420 1412 1376 1378 1381 1410 1395 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 1397 1369 1371 1346 1332 1318 1306 Fonte: IGE (padrón municipal)Nomenclátor estatístico de Galicia. Anos ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; e . Instituto Galego de Estatística (IGE).
Etnografía Na cultura popular Leite, queixos e terneiros, os de Curtis e Teixeiro. Os de Curtis mataron un burro, / os de Teixeiro comérono crudo / e os de Fisteus mandaron recado / que lles gardaran a punta do rabo.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Santa María de Lurdes
Parroquias de Curtis
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Lugares de Curtis
Ligazóns externas Santa María de Lourdes na web do concello de Curtis
Categoría:Parroquias de Curtis Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación da Nosa Señora de Lourdes